PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

Amosando publicacións coa etiqueta Conmemoracións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Conmemoracións. Amosar todas as publicacións

venres, 15 de maio de 2026

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2026

 Hoxe honraremos a NOSA LINGUA e a NOSA CULTURA cun festival para toda a Comunidade Educativa. Parbéns polo traballo e a disfrutar.

Pinchade na imaxe para ver a historia social do que vai acontecer no día de hoxe.


Pinchade nos enlaces para acceder a recursos sobre a omenaxeada

BEGOÑA CAAMAÑO

https://primaveradasletras.gal/2026/actividades

https://primaveradasletras.gal/2026/vida-e-obra

http://www.seminariogalan.org/

xoves, 2 de abril de 2026

2 de Abril

 O 2 de abril conmemórase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo e o Día Internacional do Libro Infantil. 

Comparto con toda a Comunidade Educativa unha recomendación lectora:  este fermoso albume ilustrado  (" ¡Ana, dónde vas! de David Gómez e Irene Bofill, e a Fundación Orange) que aborda a hipersensibilidade sensorial no autismo, co obxectivo de sensibilizar e concienciar sobre a diversidade. 



Feliz lectura!

venres, 13 de febreiro de 2026

Tempo de Entroido!

 A pesar da choiva e non poder disfrutar do pasarúas coas familias, hoxe contamos cun día de diversión, alegría, traballo en equipo e ricas larpeiradas de Entroido compartidas a ritmo de MARESADA. 

Feliz Entroido!



venres, 30 de xaneiro de 2026

DIA DA PAZ E NON VIOLENCIA

 Estas semanas estivemos a reflexionar sobre a paz a convivencia e o plasmamos nun fermoso mural marino. 

Nesta presentación compartimos unha selección de curtas e película que invitan a continuar coa reflexión. 

 

venres, 5 de decembro de 2025

6 de decembro: Día da Constitución.

 Que é iso da Constitución? Por que é festivo ese día? É tan importante?. Para poder entender de que se trata compartimos este vídeo realizado por María Jesús Fernández Guillén. 


martes, 29 de abril de 2025

2 de maio: Día contra o Acoso Escolar

 Ao longo de todo o curso, a través de diferentes actividades englobadas dentro dos programas de centro ( Programa TEI, Escola do Benquerer, Programa Pasando a Bola, Plan Director de Convivencia, Plan de Benestar Emocional, programa de patios e actividades PIE) traballamos o respeto, empatía, emocions e valores encamiñados á mellora da convivencia escolar en xeral e previr o acoso escolar, en particular. 

Na seguinte presentación atoparedes recursos para conmemorar de xeito específico este día e recolle parte das actividades desenvolvidas ao longo deste curso con este fin. 


venres, 31 de xaneiro de 2025

Conmemoración do Día da PAZ: xogos cooperativos.

 Ao longo da semana, nas titorías reflexionamos sobre que é iso da PAZ, que dirían cada unha das personaxes de cómic coas que estamos a traballar e como podemos aprender a convivir e a crear unha sociedade en PAZ. Por iso pasamos unha fermosa xornada de xogos onde os máis maiores axudaron aos máis pequenos a xogar: todo o alumnado dos diferentes niveis mesturado para disfrutar e aprender a convivir. 

Grazas a todo o alumnado colaborador de 6º que o fixeron de maravilla!



luns, 25 de novembro de 2024

25N: Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller.

 

Para favorecer a prevención da violencia de xénero é  preciso que nos plans de centro a (Proxecto educativo de centro, Plan de Convivencia, Programa de Acción Titorial, Plan de Benestar Emocial e Plan de Igualdade…) se establezan actividades que estean encamiñadas ao fomento do Bo Trato. 

Partir do Bo Trato é fomentar relacións respectuosas, positivas e igualitarias. Desde xeito o modo de relacionarnos e vincularnos é a través dos coidados emocionais e a responsabilidade afectiva.

O obxectivo fundamental é a convivencia harmónica entre os sexos, previndo a violencia en calquera das súas manifestacións e en calquera dos espazos, físico e virtual.

O traballo continuado a través de actividades encamiñadas a poñer en valor a diversidade persoal, de xénero, familiar, encamiñadas á reflexión sobre a discriminación, esteriotipos sexistas, condutas machistas, violencia...    o emprego de linguaxe inclusiva, actitudes de respeto e aceptación... son o camiño para eliminar a violencia contra a muller. 

E hoxe, todo o alumnado,  disfrutamos, reflexionamos e aprendimos  a través da sesión de contacontos do fermoso libro ROSA CARAMELO, HISTORIA DOS BONOBONOS CON LENTES e  ARTURO E CLEMENTINA.

     


                    E hoxe (e sempre)  rexeitamos todo tipo de violencia contra a muller!



Pinchade na imaxe para acceder á guía con actividades.


domingo, 7 de abril de 2024

Día Mundial da Saúde

 O 7 de abril é o Día Mundial da Saúde. Toda persoa ten dereito á protección da súa saúde e acceder a unha atención sanitaria profesional, idónea e responsable. Pero este dereito fundamental está ameazado para milleiros de persoas no mundo. 

 


Ao longo deste trimestre coñeceremos e colaboraremos con diferentes ONGs que traballan en prol de preservar este dereito nos diferentes continentes, dentro das propostas didácticas do proxecto de centro "Sadabona".

Pero... que entendemos por SAÚDE?. O triángulo da saúde axúdamos a explicar  a interación que existe entre saúde mental, física e social e que determina a nosa calidade de vida. O vídeos que tedes a continuación pode axudarvos a entender este concepto.






Se contamos cunha boa saúde física, mental e social seremos felices. E se preparamos unha riquísima receita da felicidade?

Na guía de Benestar Emocional atoparemos unha proposta para facer entre todos e todas  un menú feliz.





mércores, 3 de abril de 2024

Infinitas flores diferentes fan un ramo; infinitas persoas diferentes fan un equipo!

 Este 2 de abril, baixo este fermoso lema,  o alumnado de 1º e 2º EP achegáronse ao autismo e traballaron a diversidade coma un valor en si mesmo e a importancia de formar equipo para acadar un mundo mellor, no que cada un aporta as súas infinitas cualidades, capacidades e habilidades.









martes, 2 de abril de 2024

2 de Abril: Día Mundial da Concienciación do Autismo

 Voltamos ás aulas despois destas merecidas vacacións e comezamos aprendendo máis sobre o Autismo. 

Pinchade na imaxe para acceder á campaña.



Pinchade na imaxe para ver o conto e a infografía.



xoves, 6 de outubro de 2022

Un gran día con ASPACE!

 E o prometido é deuda! Aquí tedes unha mostra en imaxes da gran experiencia de hoxe, na que aprendimos moito con persoas con parálise cerebral e o seu dominio do Boccia. 

GRAZAS ASPACE POR ENSINARNOS TANTO!


luns, 3 de outubro de 2022

DÍA MUNDIAL DA PARÁLISE CEREBRAL

 O Día 6 de outubro conmemórase o Día Mundial da Parálise Cerebral, co obxectivo de dar visibilidade e reivindicar as súas necesidades e facilitarlle os apoios que precisan. 

A Parálise Cerebral (ocasionada por unha lesión non progresiva no cerebro en desenvolvemento na época fetal ou primeiros anos de vida) afecta ao movemento e a  postura, limitando a actividade, pero non a súa capacidade, só  precisan das axudas e adaptacións para poder desenvolver as súas capacidades. Teñen os mesmos intereses e os mesmos dereitos que todos e todas nós. 

Este xoves, para conmemorar este día e colaborar á sensibilización de toda a Comunidade Educativa,   contaremos no centro  con persoas de ASPACE Coruña   que nos desmostrarán as súas habilidades xogando ao BOCCIA (deporte paraolímpico desde 1984,  que ten a súa orixe na adaptación do xogo italiano bocce ou bochas). 

Compartiremos a experiencia e as fotos con tod@s. Pero mentras non chega o día, animámosvos a ver o vídeo da campaña deste ano e recomendamos a lectura de libros como   "El Reino de los Mil Escalones" (que tamén se pode atopar en galego)    no tempo de lectura. 



                           

luns, 2 de maio de 2022

Día Contra o Acoso Escolar

 Hoxe, 2 de maio, conmemórase o Día Contra o Acoso Escolar. Ao longo deste curso seguimos a traballar para desenvolver no noso alumnado valores que favorecen e convivencia e creen os alicerces para erradicar o Acoso Escolar. 

A reflexión crítica constructiva  de xeito individual e colectivo de lecturas, vídeos e desenvolvemento das actividades propostas no  Programa TEI facilitan o camiño para aprender a SER, a ESTAR e a CONVIVIR.

E para continuar a formarnos sobre o Acoso Escolar, o profesorado temos a sorte de contar esta fin de semana na nosa vila co Congreso TEI no Camiño. Pinchade aquí para inscripción e máis información. Unha pequena representación do noso alumnado de 6º EP expoñerá a súa experiencia co programa. Animádevos a asistir.

Aquí podedes atopar recursos e un resumo das actividades realizadas ata o momento no centro contra o Acoso Escolar.

domingo, 1 de maio de 2022

Feliz día!!

 Para todas as mamás, pola súa forza, polo seu apoio, porque sempre están con nós, porque o amor entre nais e fill@s é o verdadeiro amor.

Feliz día da nai,  traballadora 24 horas, todos os días do ano.


sábado, 2 de abril de 2022

UNHA FELIZ VIAXE POLA VIDA

 Porque todos temos dereito a ser felices... FELIZ 2 DE ABRIL!

Pinchade nas imaxes para ver o que fai felices aos nosos pequenos e pequenas.






martes, 8 de marzo de 2022

8 de marzo: Día da Muller.

 Hoxe conmemórase o Día da Muller, para lembrar e defender a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e o seu desenvolvemento íntegro como persoa, en igualdade co home.  



E coma sempre comparto uns dos meus libros preferidos  para dita conmemoración.





xoves, 25 de novembro de 2021

25 N: educando contra a Violencia de Xénero

 A educación é o camiño para erradicar a violencia que se exerce cara as mulleres. Debemos educar para fomentar cambios cognitivos, emocionais e actitudinais que permitan unha convivencia positiva, con xustiza social, equidade e igualdade. 

Este ano baixo o lema "Darlle a volta está nas nosas mans" , tendo como referente visual o polbo, reflexionaremos sobre a violencia de xénero e como darlle a volta, representando oito xeitos de amar coas mans nas patas do polbo.

 





Comparto novamente recursos para traballar ao longo de todo o ano co noso alumnado. 




venres, 23 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO: CAL É O TEU LIBRO PREFERIDO?

 Con motivo da conmemoración do Día do Libro, andamos todos e todas a recomendar as nosas lecturas preferidas. Estas son as miñas recomendacións...

Para Educación Infantil, para ler en familia, "ADIVINA CUÁNTO TE QUIERO" do escritor británico Sam McBratney e ilustrado por Anita Jeram. 

Recomendo este libro porque con el puiden expresarlle aos meus fillos un millón de noites canto os quería. Fermosísima historia e ilustracións; ademáis se pode atopar en diferentes formatos.



Para Educación Primaria, un dos meus libros preferidos é o EMOCIONARIO de Cristina Núñez Pereira y Rafael Romero Valcárcel

Recomendo este libro porque permite identificar e expresar o que sentimos, entender que é iso das emocións, con sinxelas palabras e fermosas ilustracións. Axuda moito no desenvolvemento da nosa intelixencia emocional.


A disfrutar da lectura!!

TEI: titores diplomados!

 Hoxe realizamos, dentro do Programa TEI,  a derradeira sesión de cohesión entre titores e titorizados  no Curruncho, con xogos cooperativos...