martes, 21 de xuño de 2022
domingo, 19 de xuño de 2022
PASO Á ESO
A Educación Secundaria é unha etapa educativa que implica unha maior dificultade (pola súa organización, materias, maior número de profesorado…) e esixe un traballo máis intenso. Coincide coa adolescencia, período de cambios no desenvolvemento emocional e físico. Por todo isto será fundamental que os pais esteades ao carón dos vosos fillos/as para FALAR, ESCOITAR e COMPRENDER.
Os rapaces nesta etapa buscan unha maior liberdade, a súa propia identidade, solicitan unha maior autonomía e independencia, e ás veces o fan a través do enfrontamento e oposición aos adultos. Os iguais exercen unha gran influencia e xurden novos intereses.
Neste proceso vital é preciso que os pais sigades a ser
un referente de autoridade, fixando límites claros desde o respecto e escoita
atenta das súas opinións, e que incrementedes a comunicación con eles mantendo
unha relación cálida e, á vez, esixente. Deixádelle
o seu propio espazo pero controlando desde a distancia
Debedes transmitirlles aos vosos fillos/as que
estudiar é bo para o seu futuro, e que confiades neles e no seu esforzo. Se
queren máis liberdade deben demostrar que son responsables en todos os aspectos
da súa vida en xeral, e nos estudos en particular.
Para axudarlles nesta responsabilidade compre fomentar
hábitos de estudo na casa, asegurándolles un bo lugar para estudiar, marcando un
tempo diario de estudo, axudándolle na planificación de tempo de estudo
e nas materias que lles costan pero sen facerlles as tarefas. Compre
ensinarlles a combinar o tempo de estudo co descanso e ocio de xeito
equilibrado.
Será moi positivo
o contacto frecuente co titor/a, así como participar nas actividades de
centro. Debedes levar un control das faltas de asistencia dos vosos fillos/as,
así como das súas amizades.
Valorade e premiade o esforzo día a día e motivalo
para acadar resultados positivos. Implicádevos nas súas actividades e gustos,
pero evitando ser “colega” dos vosos fillos/as.
Debedes
estar atentos aos cambios experimentados polo voso fillo/a (de humor, de
conduta, costumes). Falade destes cos vosos fillos/as, cos mestres e co
Departamento de Orientación do Instituto.
Boa viaxe e
moita sorte nesta nova etapa.
Comparto a presentación realizada co alumnado de 6º EP para favorecer o axeitado cambio de etapa. Pinchade na imaxe para acceder.
domingo, 12 de xuño de 2022
PASO A PRIMARIA
O curso está a piques de rematar e os nosos pequenos... xa son maiores!
O alumnado de 6º EI comeza a estar nervioso polo cambio que supón o paso a Primaria. No caso do alumnado do CRA de Bergondo o cambio é maior xa que todos e todas van cambiar a un centro educativo máis grande, con profes, compañeiros e compañeiras novas. Pero estou segura que este cambio vai a ser sinxelo grazas á estupenda xornada de acollida que o CPI Cruz do Sar organizou (a través dunha búsqueda de tesouro) para que alumnado e familias coñezan o novo centro e o seu proxecto educativo e organización. Grazas ao Equipo Directivo e Departamento de Orientación, en especial a Fernando, Silvia e José Antonio pola xornada tan especial que preparáchedes con tanto agarimo.
Aquí tedes un vídeo que recolle algunhas imaxes do acontecido. Pinchade na imaxe para acceder.
martes, 7 de xuño de 2022
Os meus libros emocionentes!
O alumnado de 6º EI, coa nosa profe Deya e Lucía a Orientadora, ao longo do curso acudimos á biblioteca para disfrutar da lectura e os libros. Aprendimos como está organizada e que podemos facer nela; a escoller as nosas lecturas para levar para a casa; disfrutamos e reflexionamos con "emocionantes" contos para facer o noso propio caderno de LECTURAS EMOCIONANTES.
Día dos Dereitos dos nenos e nenas
Cada 20 de novembro conmemórase a Convención dos Dereitos da Infancia de Nacións Unidas. Pinchade na imaxe para acceder ao documento. ...
-
BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes pu...
-
Voltamos ás aulas despois destas merecidas vacacións e comezamos aprendendo máis sobre o Autismo. Pinchade na imaxe para acceder á campaña...
-
Xa pasaron oito meses desde que comezou o curso e os vosos pequenos moito medraron!. A mestra de 4º EI e a orientadora do centro teremos ...