Onte e hoxe, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º, da man de Chus e Sonia de COGAMI, tivemos a sorte de aprender un montón de cousas sobre a discapacidade. Fixemos un xogo de "Trivial"e unha "Scape Room" moi divertida.
O Obradoiro de sensibilización sobre as persoas con Discapacidade, que comezou en decembro para os máis pequenos, foi moi interesante e enriquecedor para todo o alumnado do centro.
Pinchade nas imaxes para acceder as fotografías das xornadas.
O alumnado de 1º e 2º EP tivemos a sorte de poder participar hoxe nun obradoiro de sensibilización sobre a diversidade e discapacidade, da man de COGAMI. O obxectivo do mesmo foi:
·Proporcionar estratexias e
materiais de apoio para concienciar sobre a discapacidade.
·Contribuír a comprender e
interiorizar actitudes de convivencia.
·Proporcionar información sobre as
diferentes condicións de discapacidade, destacando as posibilidades e
capacidades de cada persoa.
·Familiarizar ao alumnado cos elementos
accesibles que facilitan a vida cotiá das persoas con algún tipo de
discapacidade.
·Facilitar materiais de apoio para sensibilizar
e modificar actitudes ante a discapacidade.
Un ano máis celebramos a Carreira ENKI para sensibilizar á Comunidade Educativa do esforzo que cada día teñen que superar as persoas con algún tipo de discapacidade e a importancia de romper as barreiras de accesibilidade coas que se atopan no día a día. Foi unha gran xornada de diversión, cooperación e aprendizaxe colectivo.
Hoxe, o alumnado de Educación Infantil, tivo a sorte de contar coa visita de Chus e Sonia (COGAMI). Contáronnos un fermoso conto para achegar a discapacidade aos máis pequenos e pequenas da escola, da man de Beba, Niki e Pepón.
Moitas grazas! Aprendimos moito!
Esta actividade foi ofertada ao centro dentro das proposta do Servizo de Atención Temperá do Concello.
Ao longo do mes de decembro levaremos a cabo actividades encamiñadas a traballar o concepto de diversidade como un valor en si mesmo e poñer en valor as persoas con discapacidade e capacidades diversas.
Os contos, curtas, debates, investigacións sobre personaxes famosas con discapacidade, a carreira ENKI e a transformación da nosa escola nunha "Escola Visual", serán algunhas das actividades das que disfrutaremos.
Un dos nosos principios pedagóxicos do noso proxecto educativo é entender a diversidade coma un valor en si mesmo e moitas das actividades que organizamos para o noso alumnado teñen como obxectivo poñer e valor a diversidade funcional.
Hoxe o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria tiveron a sorte de escoitar a experiencia de Ángel e Daniel como membros de ENKI e a de outros deportistas con discapacidade como eles.
Este ano levamos a carreira ENKI ao noso centro o día 2 de decembro. Disfrutamos dunha carreira lúdica, non competitiva, co obxectivo de visualizar ás persoas con diversidade funcional, sensibilizar e fomentar o respeto desde unha educación na diversidade.
Axudámonos uns aos outros e disfrutamos dunha carreira de obstáculos adaptados e...."voamos por un mundo imperfecto"
Hoxe tivemos a sorte de ter no noso centro (¡novamente de xeito presencial!) a visita de usuarios de ASPACE, que achegaron ao alumnado de 5º EP a asociación, a súa finalidade, en que consiste a Parálise Cerebral e todas as actividades que realizan. Coñecimos como é o día a día dunha persoa con PC, o xeito de comunicarse, as axudas que precisan para o desprazamento, a comida e a que dedican o seu tempo de lecer. Aprendimos que son persoas moi capaces, que só precisan de axudas persoais e tecnolóxicas que den resposta a cada unha das características individuaís para levar unha vida moi parecida á nosa, e que, ás veces, só precisan máis tempo para acadar o mesmo obxectivo.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E ENSINANZAS.!
Estamos desexando poder visitarvos e contemplar as fermosas creacións artísticas que facedes. Pero mentras, para coñecervos mellor seguiremos os vosos medios de comunicación.
Pinchade na imaxe para acceder ao seu canal de YouTube e programa de radio "La Radio de los Gatos"
Achégase a conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade e ao longo destes días imos traballar que é iso da discapacidade, a diversidade e realizaremos diferentes actividades encamiñadas á sensibilización e formación para acadar unha verdadeira sociedade inclusiva.
E o prometido é deuda! Aquí tedes unha mostra en imaxes da gran experiencia de hoxe, na que aprendimos moito con persoas con parálise cerebral e o seu dominio do Boccia.
O Día 6 de outubro conmemórase o Día Mundial da Parálise Cerebral, co obxectivo de dar visibilidade e reivindicar as súas necesidades e facilitarlle os apoios que precisan.
A Parálise Cerebral (ocasionada por unha lesión non progresiva no cerebro en desenvolvemento na época fetal ou primeiros anos de vida) afecta ao movemento e a postura, limitando a actividade, pero non a súa capacidade, só precisan das axudas e adaptacións para poder desenvolver as súas capacidades. Teñen os mesmos intereses e os mesmos dereitos que todos e todas nós.
Este xoves, para conmemorar este día e colaborar á sensibilización de toda a Comunidade Educativa, contaremos no centro con persoas de ASPACE Coruña que nos desmostrarán as súas habilidades xogando ao BOCCIA (deporte paraolímpico desde 1984, que ten a súa orixe na adaptación do xogo italiano bocce ou bochas).
Compartiremos a experiencia e as fotos con tod@s. Pero mentras non chega o día, animámosvos a ver o vídeo da campaña deste ano e recomendamos a lectura de libros como "El Reino de los Mil Escalones" (que tamén se pode atopar en galego) no tempo de lectura.
Un ano máis, ao longo do mes de decembro imos traballar co alumnado o concepto de DIVERSIDADE, DISCAPACIDADE/ CAPACIDADES DIVERSAS e INCLUSIÓN.
Este ano farémolo a partir do conto "MONSTRUO ROSA" de Olga de Dios e enlazarase co proxecto de centro a través da visibilidade e papel activo que deben ter as persoas con CAPACIDADES DIVERSAS no desenvolvemento sostible e consumo responsable.
Aprenderemos a descubrir as nosas capacidades da man das personaxes do contos.
E aprenderemos o CAPACES que son os usuarios de ASPACE e ASPERGA.
Aqui podedes atopar unha chea de recursos que esperamos sexan da vosa utilidade.
Hoxe, 9 de decembro, seguimos a aprender sobre diversidade e discapacidade e o alumnado de 6º EP participou nunha charla virtual cos usuarios de ASPACE. Facilitáronnos un vídeo e presentación con información sobre a parálise cerebral e a asociación ASPACE, e fixemos un divertido xogo de todo o aprendido. Contestaron a todas as nosas preguntas sobre os seus intereses, o seu día a día, as dificultades coas que se poden atopar nas tarefas cotiás, as axudas que precisan para comunicarse, etc…,e compartiron con nós un decálogo de como lles gusta ser tratados. Aprendemos que aínda que somos diferentes, temos moitas cousas en común e queremos as mesmas cousas porque, como eles e elas expuxeron, “YO COMO TÚ, TAMBIEN SOY UNA PERSONA”.
Moitas grazas a ASPACE, ós seus usuarios e persoal técnico!
Clica na imaxe para ver algunhas fotos da actividade