PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

venres, 21 de xuño de 2024

Un novo curso que remata

 Hoxe é un día de sentimentos encontrados. Alegría porque chegan as merecidas vacacións despois de tanto traballo pero tamén tristeza porque despedimos a unha nova promoción,  que comeza unha nova etapa educativa e de desenvolvemento, ás súas familias e algunhas mestras que estiveron a traballar con nós este curso. Sempre estaredes no noso corazón.

Moita sorte a todos e todas e felices vacacións!




xoves, 20 de xuño de 2024

Os pequenos tamén son maiores!

 Ao longo deste curso todos e todas medramos moito, especialmente os nenos e nenas de 6º EI, que están a piques de rematar esta etapa educativa e comezar Primaria. 

O alumnado de 6º de EI do CEIP Sada y sus Contornos, o pasado martes  celebramos coas familias que xa somos maiores, e hoxe fixemos un divertido xogo  para aprender a movernos de xeito autónomo polo noso centro. Para iso contamos coa axuda do alumnado de 1º EP. Pasámolo xenial e atopamos un rico tesouro!

Pinchade na imaxe para ver algunhas das fotos. 


O mesmo fixeron os nenos e nenas do CRA de Bergondo, que foron a coñecer o CPI Cruz do Sar o pasado 30 de maio. Pinchade aquí para acceder ás imaxes de ese día.



luns, 10 de xuño de 2024

Xornada de Convivencia: SADABONA

 Hoxe disfrutamos dunha divertida xornada de xogos, merenda e música con toda a Comunidade Educativa. Alumnado e  as súas familias, o profesorado e a ANPA compartimos un fermoso día co que pechamos todo o traballo realizado ao longo deste curso, dentro do programa SADABONA. 

Toda a información neste enlace.




venres, 7 de xuño de 2024

Marchamos para a ESO!

 A piques de rematar o curso e o paso polo CEIP Sada y sus Contornos do alumnado de 6º EP, hoxe fomos a visitar o centro no que continuarán a nova etapa, o IES Isaac Díaz Pardo. 

Da man de Nila, a Orientadora, e antiguos alumnos/as do noso centro, Martín, Sofía, Vera e Ariana, coñeceron as instalacións, a organización do centro e as materias a cursar e algún que outro consello que seguro que lles é moi útil. 

Grazas á mestra de Oratoria e ao alumnado de 4º da ESO por contarnos boas historias con importantes valores e grazas polo rico bocata que compartimos no tempo de lecer.




Día dos Dereitos dos nenos e nenas

 Cada 20 de novembro conmemórase a Convención dos Dereitos da Infancia de Nacións Unidas.  Pinchade na imaxe para acceder ao documento.    ...