PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

Amosando publicacións coa etiqueta Educación afectivo-sexual. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educación afectivo-sexual. Amosar todas as publicacións

domingo, 11 de xuño de 2023

Colexio do Benquerer

 Ao longo deste curso, o alumnado de 5º e 6º de EP estiveron a aprender sobre o desenvolvemento afectivo sexual a través do Colexio de Benquerer (Fundación Meniños) traballando contidos relacionados co coñecemento e aceptación persoal, a diversidade, a comunicación e educación emocional e a prevención do abuso sexual infantil. O vindeiro curso seguiremos a disfrutar desta escola e as súas aprendizaxes!




Moitas grazas!





luns, 21 de novembro de 2022

COLEXIO DO BENQUERER

 Xa temos todos e todas o noso pasaporte para aprender o curriculo do BENQUERER.! Asinamos con responsabilidade o pacto do Benquerer. Agora... máns á obra.!






xoves, 17 de novembro de 2022

Día internacional para a prevención do abuso sexual infantil

 O vindeiro 19 de novembro conmemórase o Día internacional para a prevención do abuso sexual infantil. 

Ao longo deste curso, en colaboración coa Fundación MENIÑOS e o seu programa "Colexio do Benquerer", imos traballar co alumnado de 5º e 6º EP a educación afectivo-sexual, abordándoa desde o respecto e o bo trato, e tendo como fío condutor a igualdade, a educación emocional e desenvolvemento crítico. As actividades estarán encamiñadas a traballar o coñecemento persoal e aceptación, a diversidade, a comunicación e educación emocional e a prevención do abuso sexual infantil. 

Os nenos e nenas deben aprender a identificar os seus límites persoais (a recoñecer cando alguén os traspasa), a dicir que non, a aprender a identificar os segredos que poden ser daniños para si ou outras persoas, e a identificar a súa rede de persoas de confianza. 

A literatura infantil vainos axudar a traballar todos estes aspectos. Comparto aquí dúas lecturas recomendadas: 






venres, 25 de marzo de 2022

XOGANDO A SER LIBRES: DA EMOCIÓN Á ACCIÓN

 O alumnado de 6º EP hoxe disfrutou do obradoiro desenvolvido por Sara, de Almas Meraki, no que creamos un ESPAZO DE SEGURIDADE para compartir emocións e opinións e así aprender a convivir e respetar a diversidade desde unha perspectiva de igualdade. 

Agora temos unha misión: poñer nome ás emocións que sentimos nos acontecementos do noso día a día e compartilos cos nosos compañeiros e compañeiras dentro dese espazo de seguridade que creamos coa guía de Sara. 






luns, 21 de febreiro de 2022

COLEXIO DO BEQUERER!

 Da avaliación e análise de necesidades educativas do noso centro, xurde a detección dunha carencia formativa relacionada coa educación afectivo-sexual.

Grazas á FUNDACIÓN MENIÑOS e o seu programa "COLEXIO DO BENQUERER" atopas unha resposta axeitada adaptada ao noso alumnado de 5º e 6º EP.



O programa aborda, cunha coidadosa selección de contidos e recursos adaptados ás idades do noso alumnado, a educación afectivo sexual baseada no bo trato, a confianza, o respeto, a diversidade e o pensamento crítico, tendo como marco de referencia a educación emocional e a coeducación, todos eles, principios e valores que impregnan o noso proxecto educativo de centro.

Coas actividades que se desenvolverán a través da acción titorial e colaboración do Departamento de Orientación, abordaranse progresivamente cuestións relacionadas co  coñecemento e aceptación persoal, diversidade, comunicación e educación emocional, prevención do abuso sexual infantil e análise social. 
Ao longo do proceso iremos compartindo as actividades realizadas coa Comunidade Educativa. Compartimos aquí a carta de presentación para as familias facilitada polo programa. 



luns, 22 de marzo de 2021

Quiéreme con mi diversidad

 Nesta guía didáctica elaborada por Pilar Villalba podemos atopamos unha proposta para traballar co noso alumnado a identidade e diversidade afectivo-sexual e familiar. 

Pinchade aquí para acceder.





TEI: titores diplomados!

 Hoxe realizamos, dentro do Programa TEI,  a derradeira sesión de cohesión entre titores e titorizados  no Curruncho, con xogos cooperativos...