Cada 20 de novembro conmemórase a Convención dos Dereitos da Infancia de Nacións Unidas.
Pinchade na imaxe para acceder ao documento.
Cada 20 de novembro conmemórase a Convención dos Dereitos da Infancia de Nacións Unidas.
Pinchade na imaxe para acceder ao documento.
Chegou o día tan esperado polo alumnado de 5º EP!Doble emoción: celebrar o Magosto e Samaín e coñecer aos seus titorizados.
Compartiron xogos e tempo para as presentacións, manualidades, fotos e un recordo para sempre...a pulseira da amizade! Un gran día de festa e amizade.
Pinchade na imaxe para ver algunha foto
Estamos moi contentos porque este curso o noso centro vai contar cunha intérprete en Linguaxe de Señas! Para presentar a súa labor e a importancia da comunicación entre as persoas empregaremos o album ilustrado de Anthony Brown, "Cosita Linda", e que enfatiza tamén o valor da amizade e a solidariedade.
Benvida ao noso cole!
Hoxe rematamos o día cheos de orgullo e ilusión. Todos os nenos e nenas de 5º EP ofrécense voluntarios para ser titores de alumnado de 3º EP e dar continuidade, un ano máis, ao desenvolvemento do programa TEI no noso centro.
Estamos convencidos de que, ao longo do curso, o noso alumnado vai medrar persoalmente e socialmente, aprendendo a convivir e a desenvolver habilidades sociales fundamentadas no respeto, escoita activa e resolución positiva de conflitos. A súa laboura vai repercutir na convivencia do noso centro pero extenderase a toda a comunidade, traspasando os muros da nosa escola, repercutindo positivamente na convivencia da nosa vila.
Dada a importancia que este programa ten para toda a Comunidade, o noso Alcalde, Benito, e Concelleira de Cultura, Rebeca, entregaron a cada un dos titores/as o seu diploma acreditativo e lembraron ao alumnado a importancia do compromiso acadado.
O alumnado de 5º e 6º de EP tivemos a sorte de contar coa presenza, o día de hoxe, da ONG "Tierra de Hombre"
Marie e María contáronnos en que consistía a súa labor para a protección da infancia e a saúde.
Reflexionamos sobre os deritos dos nenos e os conceptos de XUSTIZA e que é iso da xustiza restaurativa.
Compartimos algunha das imaxes do obradoiro e recursos traballados.
Comezamos coa formación dos titores e titorizados de 5º e 3º EP dentro do programa TEI!
Podemos contar contigo?
Hoxe visitounos Ana, psicóloga e coordinadora do servizo SAT de Sada, para facer balance destes dous anos do servizo no Concello. Compartimos con toda a Comunidad Educativa o seu traballo e bo facer e aproveitamos para agradecer as súas propostas e colaboración.
Pinchade na imaxe para acceder ao documento
Hoxe conmemórase o Día da Saúde Mental, para dar visibilidade aos problemas de Saúde Mental, poñer en valor a súa importancia e procurar melloras a este respecto.
Desde o DO estamos a traballar co alumnado de Eduación Primaria a través do álbum ilustrado "Pequeñas Cosas" e o programa TEI a xestión emocional e beneestar emocional. Compartimos coa Comunidade Educativa o decálogo para fomentar a Saúde Mental nos nenos e nenas en contornas educativas.
Un novo curso comeza, con ilusión e moitas gañas de compartir aprendizaxes e vivenzas.
O Señor Potato e os seus novos amigos están a visitar as aulas para dar a benvida a este novo curso e lembrar que estamos aquí para axudar en todo o que se precise para estar agusto na escola, aprender e medrar como persoa, nas aprendizaxes e a nivel social.
Desde o Departamento de Orientación desexámosvos un próspero curso 2024-2025.
Hoxe é un día de sentimentos encontrados. Alegría porque chegan as merecidas vacacións despois de tanto traballo pero tamén tristeza porque despedimos a unha nova promoción, que comeza unha nova etapa educativa e de desenvolvemento, ás súas familias e algunhas mestras que estiveron a traballar con nós este curso. Sempre estaredes no noso corazón.
Moita sorte a todos e todas e felices vacacións!
Ao longo deste curso todos e todas medramos moito, especialmente os nenos e nenas de 6º EI, que están a piques de rematar esta etapa educativa e comezar Primaria.
O alumnado de 6º de EI do CEIP Sada y sus Contornos, o pasado martes celebramos coas familias que xa somos maiores, e hoxe fixemos un divertido xogo para aprender a movernos de xeito autónomo polo noso centro. Para iso contamos coa axuda do alumnado de 1º EP. Pasámolo xenial e atopamos un rico tesouro!
Pinchade na imaxe para ver algunhas das fotos.
O mesmo fixeron os nenos e nenas do CRA de Bergondo, que foron a coñecer o CPI Cruz do Sar o pasado 30 de maio. Pinchade aquí para acceder ás imaxes de ese día.
Hoxe disfrutamos dunha divertida xornada de xogos, merenda e música con toda a Comunidade Educativa. Alumnado e as súas familias, o profesorado e a ANPA compartimos un fermoso día co que pechamos todo o traballo realizado ao longo deste curso, dentro do programa SADABONA.
Toda a información neste enlace.
A piques de rematar o curso e o paso polo CEIP Sada y sus Contornos do alumnado de 6º EP, hoxe fomos a visitar o centro no que continuarán a nova etapa, o IES Isaac Díaz Pardo.
Da man de Nila, a Orientadora, e antiguos alumnos/as do noso centro, Martín, Sofía, Vera e Ariana, coñeceron as instalacións, a organización do centro e as materias a cursar e algún que outro consello que seguro que lles é moi útil.
Grazas á mestra de Oratoria e ao alumnado de 4º da ESO por contarnos boas historias con importantes valores e grazas polo rico bocata que compartimos no tempo de lecer.
Grazas ao proxecto ENKI estivemos a aprender a comunicarnos coas nosas mans, mentres membros da Comunidade Educativa colaboraron para facer un fermoso mural co alfabeto e así poder seguir a aprender sempre que queiramos.
.Se pinchades aquí podedes atopar unha guía didáctica para seguir a traballar nas aulas.
Moitas grazas ENKI!
A diversidade é un valor en si mesmo e a diversidade familiar é unha realidade enriquecedora para a nosa sociedade. Hoxe, día internacional das Familias queremos por en valor esa diversidade, da man da Comisión de Educación da Asociación de Madres Solteras por Elección que comparte unha serie de recursos para a reflexión e o debate e poder seguir a traballar co alumnado valores como o respeto á diversidade, a tolerancia e a convivencia.
Aquí tedes un vídeo para os máis pequenos
Ao longo do curso son moitas as actividades que estamos a desenvolver para aprender a convivir e respostar activamente contra o Acoso Escolar.
Hoxe é un día importante porque conmemórase o Día Internacional Contra o Acoso Escolar e recordaremos nas titorías a importancia de seguir a traballar todos XUNT@S contra todo tipo de violencia entre iguais.
Xa pasaron oito meses desde que comezou o curso e os vosos pequenos moito medraron!.
A mestra de 4º EI e a orientadora do centro teremos esta tarde unha xuntanza coas familias para falar da evolución dos seus fillos e fillas e facilitar algunha recomendación para seguir a estimular o seu crecemento.
Compartimos aquí a presentación.
O prazo de presentación de solicitudes
estenderase dende o 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024.
Poderán solicitar as axudas os
alumno-as que presenten necesidades educativas especiais derivadas de
discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastorno grave da comunicación
e da linguaxe , incluído alumnado TDAH e TEA.
Así mesmo, poderán solicitar as
axudas o alumnado con necesidade
específica de apoio educativo asociado a Altas Capacidades.
Os solicitantes deben cubrir o formulario por internet no
seguinte enlace . Unha vez cuberta, se non se conta co sistema de
firma aceptado pola sede electrónica, poderán
imprimir, asinar e entregar no centro
educativo no que o alumno/a estea matriculado o curso 24-25 xunto coa
documentación complementaria requerida (certificado
da conta bancaria do alumno/a,
diagnóstico médico do SERGAS, certificado de discapacidade, título de familia
numerosa, de selo caso…).
Toda a información e as explicacións para realizar a solicitude
están nesta ligazón:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html
Prazo de
presentación: do 30 de abril ao 13 de setembro
O alumnado titor de 5º EP cos seus titorizados de 3º EP visitaron hoxe a Fundación María José Jove para seguir a aprender sobre interculturalidae e medio ambiente a través da arte.
O desenvolvemento desta actividade está englobada dentro das actividades de cohesión do programa TEI co obxectivo de fomentar a convivencia no noso centro.
Onte e hoxe, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º, da man de Chus e Sonia de COGAMI, tivemos a sorte de aprender un montón de cousas sobre a discapacidade. Fixemos un xogo de "Trivial"e unha "Scape Room" moi divertida.
O Obradoiro de sensibilización sobre as persoas con Discapacidade, que comezou en decembro para os máis pequenos, foi moi interesante e enriquecedor para todo o alumnado do centro.
Pinchade nas imaxes para acceder as fotografías das xornadas.
MOITAS GRAZAS A CHUS, SONIA E COGAMI!
O 7 de abril é o Día Mundial da Saúde. Toda persoa ten dereito á protección da súa saúde e acceder a unha atención sanitaria profesional, idónea e responsable. Pero este dereito fundamental está ameazado para milleiros de persoas no mundo.
Ao longo deste trimestre coñeceremos e colaboraremos con diferentes ONGs que traballan en prol de preservar este dereito nos diferentes continentes, dentro das propostas didácticas do proxecto de centro "Sadabona".
Pero... que entendemos por SAÚDE?. O triángulo da saúde axúdamos a explicar a interación que existe entre saúde mental, física e social e que determina a nosa calidade de vida. O vídeos que tedes a continuación pode axudarvos a entender este concepto.
O alumnado de 1º e 2º EP tivemos a sorte de poder participar hoxe nun obradoiro de sensibilización sobre a diversidade e discapacidade, da man de COGAMI. O obxectivo do mesmo foi:
· Proporcionar estratexias e
materiais de apoio para concienciar sobre a discapacidade.
·
Contribuír a comprender e
interiorizar actitudes de convivencia.
·
Proporcionar información sobre as
diferentes condicións de discapacidade, destacando as posibilidades e
capacidades de cada persoa.
·
Familiarizar ao alumnado cos elementos
accesibles que facilitan a vida cotiá das persoas con algún tipo de
discapacidade.
·
Facilitar materiais de apoio para sensibilizar
e modificar actitudes ante a discapacidade.
Disfrutamos e aprendimos moito. Moitas grazas!
Este 2 de abril, baixo este fermoso lema, o alumnado de 1º e 2º EP achegáronse ao autismo e traballaron a diversidade coma un valor en si mesmo e a importancia de formar equipo para acadar un mundo mellor, no que cada un aporta as súas infinitas cualidades, capacidades e habilidades.
Voltamos ás aulas despois destas merecidas vacacións e comezamos aprendendo máis sobre o Autismo.
O Punto Laranxa é unha medida impulsada desde a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso nos centros educativos. Temos un Punto Laranxa "físico" e outro "virtual".
Pinchade aquí para acceder ao PUNTO LARANXA VIRTUAL.
Titores e titorizados, alumnado de 3º e 5º de EP, estiveron practicando a importancia da cooperación e control do corpo para acadar un obxectivo común: representar o alfabeto a través do movemento (figuras de Acrosport). A través da actividade de cohesión proposta para este trimestre dentro do desenvolvemento do programa TEI, con creatividade e compañerismo disfrutaron e melloraron as súas competencias persoais e sociais.
Hoxe, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º EP participaron no programa de AFUNDACION "Todos e todas contamos", para poñer en valor a diversidade, o esforzo, empatía, aceptación do diferente e autoestima.
O alumnado de 5º e 6º EP hoxe tivo a sorte de recibir unha charla formativa sobre o uso e abuso das novas tecnoloxías e pautas para unha boa saúde dixital , dentro do Plan Director para la Convivencia y Mejora de la Seguridad en los Centros Educativos y sus Entornos .
Arredor da conmemoración do Día da Paz do noso centro, retómase RECRE_ARTE, programa encamiñado a favorecer a inclusión de todo o alumnado no tempo de lecer. Grazas ao noso alumnado voluntario de 5º EP pola súa colaboración e, especialmente, a Daniela e Victoria que o fan xenial!.
Cada 20 de novembro conmemórase a Convención dos Dereitos da Infancia de Nacións Unidas. Pinchade na imaxe para acceder ao documento. ...