PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

Amosando publicacións coa etiqueta lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lectura. Amosar todas as publicacións

xoves, 8 de xuño de 2023

Nora marcha de vacacións

 Hoxe despedímonos de Nora e Laura. Tras un trimestre disfrutando da lectura con Nora, o alumnado de 4º EI, 1º e 2º acudimos á biblioteca para lerlle un conto entre todos e todas. Faremos un bonito mural coa súa silueta para decorar a nosa aula e enviarémoslle unha foto para que teña na  súa habitación. 

Moitas grazas a Laura e Nora, que pasedes un bo verán disfrutando do sol, o campo e a lectura compartida. 



Pinchade na imaxe para acceder ás fotos.


xoves, 20 de abril de 2023

Temos profes novas na escola!

 Ao longo deste trimestre, os xoves, contaremos no noso centro con Laura e a súa cadela  Nora para disfrutar da lectura compartida. 

Alumnado de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º poderán lerlle libros a Nora, unha das súas paixóns. Hoxe foi a primeira toma de contacto e puidemos coñecela, saber da súa historia persoal e o seu traballo, e puidemos saludala. Pinchando na imaxe podedes acceder ás fotos da xornada de hoxe. 


 O vindeiro xoves poderemos disfrutar dos libros con Nora e Laura na biblioteca. Estamos desexando que chegue ese día!

Moitas grazas a Laura e Nora, a R.E.A.D. (Programa de Lectura con Perros) e ao Concello de Sada que subenciona a totalidade do programa.

TEI: titores diplomados!

 Hoxe realizamos, dentro do Programa TEI,  a derradeira sesión de cohesión entre titores e titorizados  no Curruncho, con xogos cooperativos...