PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

Amosando publicacións coa etiqueta Diversidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Diversidade. Amosar todas as publicacións

mércores, 11 de xuño de 2025

Sali, Lana e Pio visitan o noso cole.

 Este martes, o alumnado de 4º de EI, tivo a sorte de disfrutar dunha sesión de contacontos para sensibilizar sobre  a discapacidade, grazas á colaboración de COGAMI. 

Chus e Sonia presentaron a historia de Sali, Lana e Pio, tres  amigos con discapacidade  que se divirten e axudan mutuamente. Disfrutamos da historia, a música e practicamos con material adaptado. 

Grazas a COGAMI pola súa colaboración. 

Pinchade no enlace para acceder ás imaxes. 



luns, 2 de xuño de 2025

Aprendemos LSE con Sviat VI


E esta semana seguimos a practicar e aprendemos os meses do ano. 
Pinchade na imaxe para acceder ao vídeo.




luns, 12 de maio de 2025

mércores, 7 de maio de 2025

Escuelas Visuales

 A nosa escola forma parte da rede de Escuelas Visuales. O pasado curso escolar participamos no proxecto da Fundación Orange de acompañamento ás escolas para transformarnos nun centro accesible a todo o alumnado, aprendendo sobre ferramentas visuais (señalización, horarios, historias sociais, secuencias, contos visuais, visual thinking, mapas visuais) e este ano continuamos coa implementación desas ferramentas e emprego de ortografía visual, patios visuais e recursos educativos visuais. 

Desde o noso centro recomendamos a participación na próxima convocatoria. Os centros que esteades interesados podedes acceder á sesión informativa do vindeiro 14 de maio. Animádevos a participar!

Comparto información facilitada polo Equipo responsable de Escuelas Visuales.

                                                        "Futuras Escuelas Visuales 25-26.
El próximo Miércoles 14 de Mayo a las 17,00 tendremos en encuentro "Futuras Escuelas Visuales", para todos los coles nuevos que les gustaría empezar el programa el próximo curso. Sólo tienen que registrarse en este enlace: bit.ly/escuelasvisuales2526

luns, 5 de maio de 2025

luns, 28 de abril de 2025

Aprendemos LSE con Sviat II

 



Como vai esa aprendizaxe? Divertido, non é certo?
Seguimos esta semana a aprender con Sviat ...


Pinchade na imaxe para acceder ao vídeo. 

A practicar e disfrutar!





luns, 21 de abril de 2025

Aprendemos LSE con Sviat I


Que sorte temos!

Ao longo deste trimestre, o noso compañeiro Sviat, vainos enseñar a toda a Comunidade Educativa Linguaxe de Signos. Teremos que practicar moito para ser un experto/a coma el. 

Cada semana publicaremos un video no que aprenderemos novo vocabulario. Estade moi atentos!

Moitas grazas a Iván, o mestre de AL, María José, a intérprete en LSE e, sobre todo, a SVIAT.

Esta semana comezamos con....  



Pinchade na imaxe para acceder ao vídeo


Lembrade que no patio podedes practicar o abecedario.



mércores, 2 de abril de 2025

O máis fermoso...cada persoa é única!

Pero tamén son ben  fermosos os traballos do alumnado de  hoxe, nos que plasmaron as súas sensibilidades,  reflexións e aprendizaxes sobre a diversidade en xeral, e sobre as persoas no Trastorno de Espectro Autista en particular.

Parabéns!







2 de abril: Día Mundial de Concienciación do Autismo

 Hoxe, a través do cómic achegarémonos á realidade das persoas que se atopan dentro do Espectro Autista. Xurxo e as súas amigas comparten con nós información, recomendacións lectoras e a vida das persoas con autismo desde unha visión gráfica e convídannos a ilustrar (con viñetas, debuxo, simboloxía...) que cada persoa é única.

martes, 28 de maio de 2024

Linguaxe de Signos da man de ENKI

 Grazas ao proxecto ENKI estivemos a aprender a comunicarnos coas nosas mans, mentres membros da Comunidade Educativa colaboraron para facer un fermoso mural co alfabeto e así poder seguir a aprender sempre que queiramos.

.Se pinchades aquí podedes atopar unha guía didáctica para seguir a traballar nas aulas. 

Moitas grazas ENKI!

mércores, 15 de maio de 2024

15 de maio: Día Internacional das Familias.

 A diversidade é un  valor en si mesmo e a diversidade familiar é unha realidade enriquecedora para a nosa sociedade. Hoxe, día internacional das Familias queremos por en valor esa diversidade, da man da  Comisión de Educación da Asociación de Madres Solteras por Elección que comparte unha serie de recursos para a reflexión e o debate e poder seguir a traballar co alumnado valores como o respeto á diversidade, a tolerancia e a convivencia.

Aquí tedes un vídeo para os máis pequenos

Este vídeo é para os máis maiores. 

xoves, 4 de abril de 2024

"Todos y todas somos capaces" Obradoiro de sensibilización

 O alumnado de 1º e 2º EP tivemos a sorte de poder participar hoxe nun obradoiro de sensibilización sobre a diversidade e discapacidade, da man de COGAMI. O obxectivo do mesmo foi: 

·   Proporcionar estratexias e materiais de apoio para concienciar sobre a discapacidade.

·         Contribuír a comprender e interiorizar actitudes de convivencia.

·         Proporcionar información sobre as diferentes condicións de discapacidade, destacando as posibilidades e capacidades de cada persoa.

·          Familiarizar ao alumnado cos elementos accesibles que facilitan a vida cotiá das persoas con algún tipo de discapacidade.

·          Facilitar materiais de apoio para sensibilizar e modificar actitudes ante a discapacidade.

Disfrutamos e aprendimos moito. Moitas grazas!






Pinchade aquí para acceder a todas as fotos



mércores, 3 de abril de 2024

Infinitas flores diferentes fan un ramo; infinitas persoas diferentes fan un equipo!

 Este 2 de abril, baixo este fermoso lema,  o alumnado de 1º e 2º EP achegáronse ao autismo e traballaron a diversidade coma un valor en si mesmo e a importancia de formar equipo para acadar un mundo mellor, no que cada un aporta as súas infinitas cualidades, capacidades e habilidades.









martes, 5 de marzo de 2024

TODOS E TODAS CONTAMOS

 Hoxe, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º EP participaron no programa de AFUNDACION "Todos e todas contamos", para poñer en valor a diversidade, o esforzo, empatía, aceptación do diferente e autoestima.





martes, 6 de febreiro de 2024

Recre_arte 2024

Arredor da conmemoración do Día da Paz do noso centro, retómase RECRE_ARTE, programa encamiñado a favorecer a inclusión de todo o alumnado no tempo de lecer. Grazas ao noso alumnado voluntario de 5º EP pola súa colaboración e, especialmente, a Daniela e Victoria que o fan xenial!. 




martes, 5 de decembro de 2023

Carreira ENKI

 Un ano máis celebramos a Carreira ENKI para sensibilizar á Comunidade Educativa do esforzo que cada día teñen que superar as persoas con algún tipo de discapacidade e a importancia de romper as barreiras de accesibilidade coas que se atopan no día a día. Foi unha gran xornada de diversión, cooperación e aprendizaxe colectivo. 



Pinchade na imaxe para ver as fotos. 


xoves, 30 de novembro de 2023

Un mundo diverso!

 Ao longo do mes de decembro levaremos a cabo actividades encamiñadas a traballar o concepto de diversidade como un valor en si mesmo e poñer en valor as persoas con discapacidade e  capacidades diversas. 

Os contos, curtas, debates, investigacións sobre personaxes famosas con discapacidade, a carreira ENKI e a transformación da nosa escola nunha "Escola Visual", serán algunhas das actividades das que disfrutaremos. 


luns, 12 de xuño de 2023

RECRE_ARTE: tempo de lecer para tod@s.

Neste terceiro trimestre, os martes e venres, o patio dinamizouse a través de xogos de movemento e creatividade os martes e venres, grazas á axuda do alumnado voluntario de 5º EP. 
O profesorado pensa que foi unha experiencia moi positiva, onde todo o alumnado participou de xeito gustoso (podedes pinchar aquí para ver algunhas instantáneas dos momentos vividos). 

Pero gustaríanos recoller a vosa opinión, completando a seguinte enquisa. Moitas grazas pola vosa opinión!. 

  

xoves, 20 de abril de 2023

Temos profes novas na escola!

 Ao longo deste trimestre, os xoves, contaremos no noso centro con Laura e a súa cadela  Nora para disfrutar da lectura compartida. 

Alumnado de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º poderán lerlle libros a Nora, unha das súas paixóns. Hoxe foi a primeira toma de contacto e puidemos coñecela, saber da súa historia persoal e o seu traballo, e puidemos saludala. Pinchando na imaxe podedes acceder ás fotos da xornada de hoxe. 


 O vindeiro xoves poderemos disfrutar dos libros con Nora e Laura na biblioteca. Estamos desexando que chegue ese día!

Moitas grazas a Laura e Nora, a R.E.A.D. (Programa de Lectura con Perros) e ao Concello de Sada que subenciona a totalidade do programa.

mércores, 15 de marzo de 2023

Por un mundo inclusivo a través do deporte!

 


Un dos nosos principios pedagóxicos do noso proxecto educativo é entender a diversidade coma un valor en si mesmo e moitas das actividades que organizamos para o noso alumnado teñen como obxectivo poñer e valor a diversidade funcional.

Hoxe o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria tiveron a sorte de escoitar a experiencia de Ángel e Daniel como membros de ENKI e a de outros deportistas con discapacidade como eles.

No mes de abril...continuará.

TEI: titores diplomados!

 Hoxe realizamos, dentro do Programa TEI,  a derradeira sesión de cohesión entre titores e titorizados  no Curruncho, con xogos cooperativos...