PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

Amosando publicacións coa etiqueta TIC. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TIC. Amosar todas as publicacións

martes, 7 de febreiro de 2023

7 de febreiro: Día da Internet Segura

  Manter unha comunicación fluída pode resultar determinante para que os nenos e nenas comprendan que o uso da Internet non está exento de riscos e débese utilizar seguindo unhas normas. Como adultos, deberiamos fomentar que nos alerten, pidan axuda ou consello cando teñan calquera dúbida ou atopen algunha cousa que lles resulte preocupante. 

Instruír aos menores en boas prácticas básicas para o uso da Internet é fundamental para seu uso seguro. Como elementos destacados destas boas prácticas podemos resaltar:

§  Emprego de contrasinais robustos. O uso de contrasinais difíciles de adiviñar, e a importancia de non repetilas nin compartilas, resulta un aspecto clave para protexer os nosos dispositivos e contas en liña.

§  Coñecer os riscos presentes nas redes sociais, é o primeiro paso para garantir a súa protección. Inculcar sobre a importancia da información que compartimos e como e con quen debemos interactuar, permite facer fronte a ameazas como a suplantación de identidade, grooming, ciberacoso, fraudes, discursos de odio, contidos inapropiados, etc.

§  Precaución coas redes WiFi públicas. As redes gratuítas non teñen as mesmas garantías de seguridade que as privadas. Poden facilitar accesos non desexados aos datos ou ao dispositivo. Recordar aos menores que se non teñen acceso á Internet, é mellor esperar a chegar a casa.

Acceso á Internet con equipos e aplicacións sempre actualizados. Un dispositivo actualizado está mellor protexido contra as ciberameazas.

Os programas de control parental, poden ser útiles a medida que o menor aprende a desenvolverse na Internet, regulando aspectos que deberiamos ter en conta para propiciar o seu uso seguro e responsable, permitindo, entre outros aspectos: 

§  Establecer límites no horario e tempo de uso.

§  Bloquear o acceso a contidos inapropiados.

§  Supervisar a actividade (navegación, procuras, aplicacións, redes sociais, etc.)

§  Protexer as configuracións do dispositivo e as aplicacións.


Por último, facer referencia a que na Internet existen numerosos recursos que nos axudan a favorecer un uso seguro e responsable da Internet por parte dos menores, por exemplo, na web IS4K (Internet Segura For Kids) ofrécense numerosas guías, materiais didácticos, ferramentas e outros materiais que nos poden resultar moi útiles.


Recomendacións da UAC (Unidade de Atención a Centros da Consellería)

mércores, 25 de xaneiro de 2023

Plan Director de Convivencia: novas tecnoloxías

 Un ano máis, o alumnado de 5º e 6º EP participaron na charla informativa ofrecida polo especialista   en convivencia da Garda Civil sobre o axeitado uso das novas tecnoloxías.



Para toda a Comunidade Educativa comparto novamente  un díptico informativo sobre a temática. Pinchade na imaxe para acceder.









E para máis información: 







luns, 14 de marzo de 2022

Curso sobre seguridade nas redes

 Hoxe comparto con toda a Comunidade Educativa (familias, docentes, alumando) un curso moi interesetante que se desenvolverá este mércores 16 de marzo:  "Menores e seguridade na rede"

Trátase dunha iniciativa que nace da colaboración entre o Ministerio de Educación e Formación Profesional, a través do Instituto Nacional de Tecnoloxías e de Formación do Profesorado (INTEF), a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) e o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE)

A finalidade do curso é presentar pautas, ferramentas e estratexias que axuden a evitar os riscos dun uso pouco seguro ou inadecuado da rede, así como a orientar aos e ás menores en contornas dixitais e garantir a protección da súa intimidade e benestar persoais.


Para máis información pinchade aquí

Para inscribirse pinchade aquí

mércores, 16 de xuño de 2021

Seguridade en Internet e Redes Sociais

 Hoxe completamos a formación iniciada coas familias co alumnado e 5º e 6º EP sobre a seguridade en Internet e as redes sociais ofertadas pola Garda Civil dentro do Plan Director para la Convivencia y Mejora de la Seguridad en los Centros Educativos.




Cada vez vense máis necesarias este tipo de charlas e formación polo que o vindeiro curso retomaremos as mesmas.

luns, 15 de marzo de 2021

Uso responsable dos dispositivos tecnolóxicos

 O beneficio do uso dos recursos tecnolóxicos e internet na nosa sociedade é innegable. Pero debemos fomentar un uso seguro e saudable desde a primeira infancia. 

Desde o Departamento de Orientación compartimos unha serie de guías que esperamos sexan da vosa axuda e recomendamos o visionado  da charla de Rafael Guerrero difundida pola Fundación Abanca "Como impactan os dispositivos tecnolóxicos no cerebro e desenvolvemento dos nenos e nenas"

Podes pinchar tamén neste enlace para acceder.






mércores, 3 de marzo de 2021

Creación de recursos dixitais

 Hoxe comparto recursos que espero axuden ao profesorado: comparto documento elaborado por Almudena Alonso-Ferreiro que recolle unha selección de ferramentas para a creación de recursos dixitais na aula de infantil e primaria.



luns, 9 de novembro de 2020

Uso básico das TIC

 Na web de Aulas Galegas podedes atopar unhas infografías moi prácticas sobre algúns dos usos máis comúns que facemos das TIC. Se pinchades neste enlace podedes acceder a toda a información.

Pinchando en cada imaxe accederedes a cada unha das informacións.







TEI: titores diplomados!

 Hoxe realizamos, dentro do Programa TEI,  a derradeira sesión de cohesión entre titores e titorizados  no Curruncho, con xogos cooperativos...