Hoxe, a través do cómic achegarémonos á realidade das persoas que se atopan dentro do Espectro Autista. Xurxo e as súas amigas comparten con nós información, recomendacións lectoras e a vida das persoas con autismo desde unha visión gráfica e convídannos a ilustrar (con viñetas, debuxo, simboloxía...) que cada persoa é única.
mércores, 2 de abril de 2025
luns, 3 de outubro de 2022
DÍA MUNDIAL DA PARÁLISE CEREBRAL
O Día 6 de outubro conmemórase o Día Mundial da Parálise Cerebral, co obxectivo de dar visibilidade e reivindicar as súas necesidades e facilitarlle os apoios que precisan.
A Parálise Cerebral (ocasionada por unha lesión non progresiva no cerebro en desenvolvemento na época fetal ou primeiros anos de vida) afecta ao movemento e a postura, limitando a actividade, pero non a súa capacidade, só precisan das axudas e adaptacións para poder desenvolver as súas capacidades. Teñen os mesmos intereses e os mesmos dereitos que todos e todas nós.
Este xoves, para conmemorar este día e colaborar á sensibilización de toda a Comunidade Educativa, contaremos no centro con persoas de ASPACE Coruña que nos desmostrarán as súas habilidades xogando ao BOCCIA (deporte paraolímpico desde 1984, que ten a súa orixe na adaptación do xogo italiano bocce ou bochas).
Compartiremos a experiencia e as fotos con tod@s. Pero mentras non chega o día, animámosvos a ver o vídeo da campaña deste ano e recomendamos a lectura de libros como "El Reino de los Mil Escalones" (que tamén se pode atopar en galego) no tempo de lectura.
martes, 7 de xuño de 2022
Os meus libros emocionentes!
O alumnado de 6º EI, coa nosa profe Deya e Lucía a Orientadora, ao longo do curso acudimos á biblioteca para disfrutar da lectura e os libros. Aprendimos como está organizada e que podemos facer nela; a escoller as nosas lecturas para levar para a casa; disfrutamos e reflexionamos con "emocionantes" contos para facer o noso propio caderno de LECTURAS EMOCIONANTES.
martes, 19 de abril de 2022
Comezamos o 3º trimestre e... todo será posible!
Despois destas merecidas vacacións comezamos con ánimo a recta final deste curso. De seguro vai a estar cheiño de novas aprendizaxes e divertidas actividades. Comezamos a semana con música da nosa, obradoiro de papel reciclado e conmemoración do Día do Libro...que mellor xeito!!
CANDO LEO...TODO É POSIBLE!
Para os profes unha recomendación de apps que poden ser de axuda. Pinchade na imaxe para acceder.
NO CEIP SADA Y SUS CONTORNOS TODO É POSIBLE! FELIZ 3º TRIMESTRE!
mércores, 30 de marzo de 2022
2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO
Un ano máis sumámonos á conmemoración deste día sensibilizando a toda a Comunidade Educativa sobre que é o Trastorno de Espectro Autista, os seus dereitos e necesidades. Para colaborar coa campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2022 (que pon o foco de atención no dereito das persoas con TEA e as súas familias a desfrutar dunha vida feliz) ao longo desta semana traballaremos co alumnado que é o autismo, reflexionarán e debuxarán ou redactarán sobre que significa ser feliz para cada un/unha de nós e sensibilizar sobre o dereito das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e as súas familias a vivir unha vida feliz.
“UNHA FELIZ VIAXE POLA VIDA”
#DiaMundialAutismo #HazFeliz
martes, 8 de marzo de 2022
8 de marzo: Día da Muller.
Hoxe conmemórase o Día da Muller, para lembrar e defender a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e o seu desenvolvemento íntegro como persoa, en igualdade co home.
venres, 28 de xaneiro de 2022
Xunt@s construímos!
Hoxe fago referencia á actividade desenvolvida co alumnado do CRA de Bergondo co que disfrutei o día de hoxe. Contamos un dos meus contos preferidos que xa recomendei en máis ocasións "Las Ciudades de Colores" de María Bautista e Raquel Blázquez.
É un conto acumulativo que nos ensina a respetar a diversidade e valorarla como algo enriquecedor, que nos ensina a entender a búsqueda de identidade dun mesmo, a importancia da compañía e amizade e que xuntos podemos "construir" todo o que queiramos.
Eu o emprego para observar o razoamento, xogar e crear cos pequenos e pequenas. E sempre me sorprenden!! Os Silvosiños sons todos un artistas!
xoves, 18 de novembro de 2021
Educación emocional en EI
Desde o Departamento de Orientación levamos a cabo, un ano máis, unha intervención directa cos diferentes grupos- aula de Educación Infantil. Esta cumpre unha dobre finalidade: por unha parte, observar, coñecer e facer un seguimento a través das diferentes actividades plantexadas ao alumnado do seu desenvolvemento persoal, académico e social, así como detectar posibles dificultades de xeito temperá para poder intervir o antes posible; por outra banda, contribuír ao desenvolvemento da intelixencia emocional e fomento do gusta pola lectura de xeito temperá.
As actividades parten da lectura dun conto. Estas son as lecturas levadas a cabo no que vai de curso.
venres, 23 de abril de 2021
SEMANA DO LIBRO: CAL É O TEU LIBRO PREFERIDO?
Con motivo da conmemoración do Día do Libro, andamos todos e todas a recomendar as nosas lecturas preferidas. Estas son as miñas recomendacións...
Para Educación Infantil, para ler en familia, "ADIVINA CUÁNTO TE QUIERO" do escritor británico Sam McBratney e ilustrado por Anita Jeram.
Recomendo este libro porque con el puiden expresarlle aos meus fillos un millón de noites canto os quería. Fermosísima historia e ilustracións; ademáis se pode atopar en diferentes formatos.
Para Educación Primaria, un dos meus libros preferidos é o EMOCIONARIO de Cristina Núñez Pereira y Rafael Romero Valcárcel
Recomendo este libro porque permite identificar e expresar o que sentimos, entender que é iso das emocións, con sinxelas palabras e fermosas ilustracións. Axuda moito no desenvolvemento da nosa intelixencia emocional.
A disfrutar da lectura!!
luns, 19 de abril de 2021
SEMANA DO LIBRO
Para comezar esta semana que estará chea de libros, contos e diversión, que mellor xeito que facelo cun dos meus libros preferidos "EL INCREIBLE NIÑO COME LIBROS". Esta divertida historia de Oliver Jeffers nos ensina o poder da lectura. Non deixedes nunca de "devorar libros". A disfrutar e feliz semana lectora!
luns, 22 de febreiro de 2021
CREO EN TI
Hoxe gustaríame compartir coa Comunidade Educativa unha recomendación lectora: CREO EN TI.
A autora de "De mayor quiero ser...feliz", Anna Morató, aborda nesta obra seis contos para axudar aos nenos e nenas a tomar boas decisións e facilita as ferramentas para acadalas.
A súa lectura compartida co noso alumnado ou fillos/as facilitará a reflexión sobre aspectos tan relevantes como a perseverancia, a paciencia, o manexo do enfado, o pensar por un mesmo, o aburrimento e o valor das cousas realmente importantes; proporciona recursos para afrontar e resolver as diferentes situacións coas que se atoparán ao longo da vida.
Ademáis atoparedes catro cartas escritas polos pais e nais das personaxes dos contos que inclúen mensaxes fundamentais para o axeitado desenvolvemento dos nenos e nenas: "Creo en ti, creo en mi", "Siempre puedes contar conmigo", "Perdóname, mi amor", "Te quiero tal como eres".
Comparto algúns dos contos que podemos atopar na rede pero recomendo a súa lectura compartida.
xoves, 11 de febreiro de 2021
Xoves de emoción: sexamos xardiñeir@s!
Tod@s temos no noso interior unha planta que debemos coidar para que sexa forte e frondosa. A través do fermosísimo conto de Alicia González Ramírez, "El Jardín de Violeta", podemos ensinar aos nenos e nenas, grandes e pequenos, a importancia de coidar o noso benestar emocional e como facelo.
Desde o Departamento de Orientación recomendamos este libro sobre o autocoidado e autoestima, para profesorado e familias.
martes, 6 de outubro de 2020
"Estoy aquí"
A través deste fermoso conto "Estoy aquí", a súa autora, Vanesa Díez, invítanos a reflexionar sobre como debemos enfrentarnos aos problemas e amosa, de xeito moi orixinal, como se traballamos en equipo as cousas teñen unha mellor solución. Disfrutade da súa lectura!
xoves, 1 de outubro de 2020
El árbol de la amistad
Ainda que estamos en outono e as follas das árbores caducas caen, entre tod@s podemos plantar unha fermosa árbore que creza forte e cheiña de follas. Axudádesme a darlle a volta ao outono?
Propoño que leades o fermoso album de BRITTA TECKENTRUP, "EL ÁRBOL DE LA AMISTAD" co que descubriredes que a amizade é coma unha árbore máxica e fermosa, que só medra si se rega con agarimo e amabilidade cara os outros.
Despois de comentar e reflexionar sobre a lectura propoño que fagades unha fermosa árbore chea de follas con fermosas palabras e xestos de amabilidade, cariño e amizade. Podedes compartir co Departamento de Orientación as vosas árbores. Animádevos!
luns, 15 de xuño de 2020
Así es la vida!
As profes Oliva, Silvia e Cristina comparten nas lapelas superiores unhas propostas diferentes para esta semana. Non volas perdades!
venres, 12 de xuño de 2020
Xuntos completamos a historia
Cando atopei pola rede este conto pensei...outro conto do Coronavirus, ao mellor os nenos e nenas xa están un pouco fartos. Pero cando o lin dinme conta que é un conto diferente, que nos anima a "loitar" xuntos para crear un mundo mellor. Anímovos a lelo e continuar a historia escribindo un novo capítulo. Se queredes podedes envialo ao correo do departamento orientacion@sadaycontornos.es
Se queremos un mundo mellor debemos, desde a educación, fomentar a curiosidade, imaxinación, creatividade e traballo en equipo.
xoves, 28 de maio de 2020
SUPERPODERES
No conto "El Gran Libro de los SUPERPODERES" de Susanna Isern descubrimos os de un montón de nenos e nenas: contar historias, optimismo, valentía, música, humor, atención, curiosidade, paciencia, lectura, axilidade, memoria, organización, cociña, adaptación, perseverancia, matemáticas, baile, creatividade.
Escoitade o conto e animádevos a pensar cal é o voso SUPERPODER. e compartídeo neste blog.
mércores, 27 de maio de 2020
Mamá, teño medo!
Nestes tempos de confinamento os medos dos nenos poden verse aumentados e intensificados. Debemos transmitirlles calma e seguridade e axudarlles a expresar os seus sentimentos e sufrimentos.
Se pinchades aquí accederedes a un sinxelo conto con pictogramas para vencer os medos relacionados co Coronavirus.
E aquí podedes acceder a o documento sobre o medo elaborado polo Equipo de Orientación Educativa y Psicopedagógica de Atención Temprana San Fernando - Coslada.
xoves, 21 de maio de 2020
Empatía
O Pozo dos Desexos é o primeiro dos contos que podedes atopar. Pinchade na imaxe para disfrutar da súa lectura.
venres, 8 de maio de 2020
Risas para a fin de semana.
TEI: titores diplomados!
Hoxe realizamos, dentro do Programa TEI, a derradeira sesión de cohesión entre titores e titorizados no Curruncho, con xogos cooperativos...
-
Que está a facer a rapazada? Como pensas que se sinten? Se pinchades na imaxe poderedes atopar algo máis que divertido....que será?
-
E esta semana seguimos a practicar e aprendemos os meses do ano. Pinchade na imaxe para acceder ao vídeo.






















