O 2 de abril conmemórase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo e o Día Internacional do Libro Infantil.
Comparto con toda a Comunidade Educativa unha recomendación lectora: este fermoso albume ilustrado (" ¡Ana, dónde vas! de David Gómez e Irene Bofill, e a Fundación Orange) que aborda a hipersensibilidade sensorial no autismo, co obxectivo de sensibilizar e concienciar sobre a diversidade.
Hoxe, a través do cómic achegarémonos á realidade das persoas que se atopan dentro do Espectro Autista. Xurxo e as súas amigas comparten con nós información, recomendacións lectoras e a vida das persoas con autismo desde unha visión gráfica e convídannos a ilustrar (con viñetas, debuxo, simboloxía...) que cada persoa é única.
Este 2 de abril, baixo este fermoso lema, o alumnado de 1º e 2º EP achegáronse ao autismo e traballaron a diversidade coma un valor en si mesmo e a importancia de formar equipo para acadar un mundo mellor, no que cada un aporta as súas infinitas cualidades, capacidades e habilidades.
Por si é de interese da Comunidade Educativa, informamos da conferencia sobre TEA de alto funcionamento que organiza a Federación Autismo Galicia este martes 14 de febreiro. Para máis información pinchade na imaxe.
Un ano máis sumámonos á conmemoración deste día sensibilizando a toda a Comunidade Educativa sobre que é o Trastorno de Espectro Autista, os seus dereitos e necesidades. Para colaborar coa campaña
do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2022 (quepon o foco de atención no
dereito das persoas con TEA e as súas familias a desfrutar dunha vida feliz) ao
longo desta semana traballaremos co alumnado que é o autismo, reflexionarán e debuxarán ou redactarán sobre que significa ser feliz para cada un/unha de nós e sensibilizar sobre o dereito das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e as súas familias a vivir unha vida feliz.
“UNHA FELIZ VIAXE POLA VIDA”
#DiaMundialAutismo #HazFeliz
AS COUSAS QUE NOS FAN FELICES SON MOI PARECIDAS PARA TOD@S
Pinchade na imaxe para acceder a contos sobre o Autismo
luns, 29 de novembro de 2021
A FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA, dentro das iniciativas de apoio sociofamiliar, está a desenvolver o PROXECTO CoidamosTEA, que pretende reforzar a capacitación das familias a partir de dúas accións de apoio: Informativa e Orientativa.
Pinchando na imaxe podedes descargar a guía para as familias que reciben o diagnóstico TEA. E aquí podedes atopar unha recopilación de vídeos que poden axudarvos no día a día.
Hoxe conmemórase o Día Mundial de Concienciación do Autismo, que pretende por en valorar as capacidades das persoas con Trastorno de Espectro Autista e procurar unha mellora de calidade da súa vida, para que esta sexa plena e gratificante como parte integrante da sociedade.
Desde o noso centro unímonos á campaña da Federación Autismo Galicia " Podo APRENDER. Podo TRABALLAR"
Pinchade na imaxe para acceder á campaña
Baixo o lema “Podo aprender. Podo traballar”, a campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2020-2021 pon o foco na educación e o emprego, dous ámbitos fundamentais para mellorar a calidade de vida das persoas con TEA e conseguir a súa participación efectiva na sociedade.
As persoas con TEA teñen dereito a acceder a unha educación de calidade que promova o seu éxito académico e o seu desenvolvemento persoal, pero que tamén facilite o seu acceso ao mercado laboral, atendendo para iso ás capacidades e necesidades específicas de cada unha.
Comparto este vídeo que recollle as mellores páxinas web para as familias e profesionais que traballan con alumnado TEA que seguro axudarán a coñecer mellor este trastorno.
E para os nenos e nenas, a adaptación ao conto "¿Quieres conocerme?. Autismo" que ainda que xa ten uns anos, espero disfrutedes e aproveitedes para aprender.
A pesar de que estamos en proceso de desescalada do confinamento e temos cada vez máis liberdade de movementos, o estrés da situación que vivimos e seguimos a padecer pode continuar a influir negativamente nos rapaces e rapazas, especialmente en aqueles nenos e nenas máis vulnerables que xa presentaban algún tipo de trastorno do neurodesenvolvemento. Comparto aquí unhas guías para as familias con alumnado con TEA, TDAH e/ou trastorno de conduta e recomendacións que vos poden axudar se estades a vivir un incremento das condutas desadaptativas nos vosos fillos ou fillas.
Hoxe conmemórase o Día Mundial de Concienciación doAutismo, que pretende por en valorar as capacidades das persoas con Trastorno
de Espectro Autista e procurar unha mellora de calidade da súa vida, para que esta sexa plena e gratificante como parte integrante da sociedade.
Este ano a campaña céntrase en poñer en valor a súa capacidade para a aprendizaxe e para o
desempeño laboral. Desde Autismo España explican a campaña . Pinchade aquí para acceder
Desde aquí, propoño vestirnos de azul e decorar as nosas fiestras con globos ou corazóns azuis (pódense pintar, recortar algún material azul en forma de globo, corazón... ) e sumarnos á súa difusión. Así faremos visible que sabemos moi ben da valía das persoas TEA, do seu esforzo diario, da súa capacidade de aprendizaxe, de canto nos ensinan a nós cada día e sobre todo, do seu gran corazón que comparten constantemente con pequenos xestos, miradas, palabras, actitudes...