PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

Amosando publicacións coa etiqueta Educación Emocional. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educación Emocional. Amosar todas as publicacións

martes, 22 de abril de 2025

Educación Emocional en 2º EP

 Moito estamos a aprender e reflexionar co Señor Potato!

Chegar a Tranquilandia, empregar palabras bonitas, poñer nome ás nosas emocións, ter pequenos xestos amables cos que nos rodean, respetar...valorar. SAWABONA!





luns, 30 de setembro de 2024

Un novo curso comeza!

 Un novo curso comeza, con ilusión e moitas gañas de compartir aprendizaxes e vivenzas. 

O Señor Potato e os seus novos amigos están a visitar as aulas para dar a benvida a este novo curso e lembrar que estamos aquí para axudar en todo o que se precise para estar agusto na escola, aprender e medrar como persoa, nas aprendizaxes e a nivel social. 

Desde o Departamento de Orientación desexámosvos un próspero curso 2024-2025.



luns, 6 de novembro de 2023

SADABONA

 A través da adaptación do conto Sawabona de Desireé Acevedo comezamos o proxecto deste ano. Baixo a filosofía e o poder do significado da palabra sawabona "YO TE RESPETO, TE VALORO Y ERES IMPORTANTE PARA MI", fomentaremos no noso alumnado o benestar emocional, a autoestima, a convivencia e a regulación emocional. 

O libro formará parte da nosa "biblioteca de imprescindibles" para sempre. 



xoves, 3 de novembro de 2022

Que fai unha Orientadora?

 Un ano máis intentei achegar a todo o alumnado en que consiste o meu traballo e que poden acudir a min se precisan algunha axuda. Repasamos algúns conselliños para levar ben o curso e descubrimos outros fantásticos!: 

* Todos e todas somos únicos e especiáis; todos e todas temos ás que nada nin ninguén nos debe cortar, temos que descubrilas e desplegalas. 



* A través da arte podemos aprender a identificar emocións, a expresar as nosas propias e, incluso, regulalas. 



A través da arte aprenderemos as despregar as nosas ás!




Como colaborador imprescindible nesta tarefa, un ano máis,  estivo o Señor Pataca e as súas recomendacións lectoras.

    




xoves, 20 de outubro de 2022

EMOCIÓN - ARTE

 Para regular as túas emocións e sentimentos podes empregar as túas creacións artísticas. 

EMOCION-ARTE é moi sinxelo e necesario. 


luns, 17 de outubro de 2022

Como estades a levar este curso?

 Rapaces e rapazas, sabedes que sodes o máis importante para nós e queremos que esteades agusto no cole, para poder medrar e aprender moito. Podedes acudir ás vosas titoras e profesores sempre que o precisedes; pero tamén  ao Departamento de Orientación a falar coa Orientadora de todo o que consideredes importante para vós. Lembrade que podedes acudir na hora do recreo a falar conmigo, sempre pedindo permiso ao mestre de garda. E se isto non é posible, podedes escribirme un correo ou contestar á enquisa que atoparedes no lateral deste blog. 

Contade con nós para todo o que precisedes!





martes, 7 de xuño de 2022

Os meus libros emocionentes!

 O alumnado de 6º EI, coa nosa profe Deya e Lucía a Orientadora,  ao longo do curso acudimos á biblioteca para disfrutar da lectura e os libros. Aprendimos como está organizada   e que podemos facer nela;  a escoller as nosas lecturas para levar para a casa;  disfrutamos e reflexionamos con "emocionantes" contos para facer o noso propio caderno de LECTURAS EMOCIONANTES. 












venres, 25 de marzo de 2022

XOGANDO A SER LIBRES: DA EMOCIÓN Á ACCIÓN

 O alumnado de 6º EP hoxe disfrutou do obradoiro desenvolvido por Sara, de Almas Meraki, no que creamos un ESPAZO DE SEGURIDADE para compartir emocións e opinións e así aprender a convivir e respetar a diversidade desde unha perspectiva de igualdade. 

Agora temos unha misión: poñer nome ás emocións que sentimos nos acontecementos do noso día a día e compartilos cos nosos compañeiros e compañeiras dentro dese espazo de seguridade que creamos coa guía de Sara. 






luns, 21 de febreiro de 2022

COLEXIO DO BEQUERER!

 Da avaliación e análise de necesidades educativas do noso centro, xurde a detección dunha carencia formativa relacionada coa educación afectivo-sexual.

Grazas á FUNDACIÓN MENIÑOS e o seu programa "COLEXIO DO BENQUERER" atopas unha resposta axeitada adaptada ao noso alumnado de 5º e 6º EP.



O programa aborda, cunha coidadosa selección de contidos e recursos adaptados ás idades do noso alumnado, a educación afectivo sexual baseada no bo trato, a confianza, o respeto, a diversidade e o pensamento crítico, tendo como marco de referencia a educación emocional e a coeducación, todos eles, principios e valores que impregnan o noso proxecto educativo de centro.

Coas actividades que se desenvolverán a través da acción titorial e colaboración do Departamento de Orientación, abordaranse progresivamente cuestións relacionadas co  coñecemento e aceptación persoal, diversidade, comunicación e educación emocional, prevención do abuso sexual infantil e análise social. 
Ao longo do proceso iremos compartindo as actividades realizadas coa Comunidade Educativa. Compartimos aquí a carta de presentación para as familias facilitada polo programa. 



xoves, 18 de novembro de 2021

Educación emocional en EI

 Desde o Departamento de Orientación levamos a cabo, un ano máis, unha intervención directa cos diferentes grupos- aula de Educación Infantil. Esta cumpre unha dobre  finalidade: por unha parte, observar, coñecer  e facer un seguimento a través das diferentes actividades plantexadas ao alumnado do seu desenvolvemento persoal, académico e social, así como detectar posibles dificultades de xeito temperá para poder intervir o antes posible; por outra banda, contribuír ao desenvolvemento da intelixencia emocional e fomento do gusta pola lectura de xeito temperá.

As actividades parten da lectura dun conto. Estas son as lecturas levadas a cabo no que vai de curso. 




E algunhas das actividades realizadas co alumnado de 6º EI (que comezaron o seu primeiro emocionario) e con 4º EI (que xa non teñen medo ao lobo, porque agora é vexetadiano)




xoves, 28 de outubro de 2021

Tempo de medo!

 Xa está aquí o Samaín, tempo de medo emocionante!

Comparto esta divertida canción de Uxía Lambona e a Banda Molona adaptada a pictogramas para disfrutar tod@s desta terrorífoca festa. 


                              

E para seguir a superar os nosos medos, comparto novamente recursos que espero sexan da vósas axuda.


xoves, 25 de febreiro de 2021

Benestar emocional e autocoidado

 A crise sanitaria está a pesar moito no noso benestar emocional, tanto de grandes coma de pequenos/as. Por iso é importante estar moi atentos ao noso estado de ánimo e ao dos que nos rodean para procurar, o antes posible,  un axeitado benestar emocional.

A Xunta de Galicia publicou o pasado 17 de febreiro unha serie de propostas e actividades para previr e atenuar a influencia da pandemia. Para acceder ao documento pinchade na imaxe. 


Ademáis o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia creou un Espazo de Coidado onde se recollerán propostas encamiñadas ao autocoidado (pinchade aquí para acceder ao tríptico informativo).

Destacar, entre as súas propostas, o documento "Viaxe para exploradores e exploradoras mindful" para levar á práctica co alumnado a partir dos 4 anos e inicialos na práctica minfulness, tan beneficiosa para o noso benestar emocional. 


COIDÉMOLOS, COIDÉMONOS



luns, 22 de febreiro de 2021

CREO EN TI

 Hoxe gustaríame compartir coa Comunidade Educativa unha recomendación lectora: CREO EN TI.



A autora de "De mayor quiero ser...feliz", Anna Morató, aborda nesta obra seis contos para axudar aos nenos e nenas a tomar boas decisións e facilita as ferramentas para acadalas. 

A súa lectura compartida co noso alumnado ou fillos/as facilitará a reflexión sobre aspectos tan relevantes como a perseverancia, a paciencia, o manexo do enfado, o pensar por un mesmo, o aburrimento e o valor das cousas realmente importantes; proporciona recursos para afrontar e resolver as diferentes situacións coas que se atoparán ao longo da vida.

Ademáis atoparedes catro cartas escritas polos pais e nais das personaxes dos contos que inclúen mensaxes fundamentais para o axeitado desenvolvemento dos nenos e nenas: "Creo en ti, creo en mi", "Siempre puedes contar conmigo", "Perdóname, mi amor", "Te quiero tal como eres".

Comparto algúns dos contos que podemos atopar na rede pero recomendo a súa lectura compartida.


xoves, 11 de febreiro de 2021

Xoves de emoción: sexamos xardiñeir@s!

 Tod@s temos no noso interior unha planta que debemos coidar para que sexa forte e frondosa. A través do  fermosísimo conto de Alicia González Ramírez, "El Jardín de Violeta", podemos ensinar aos nenos e nenas, grandes e pequenos, a importancia de coidar o noso benestar emocional e como facelo. 

Desde o Departamento de Orientación recomendamos este libro sobre o autocoidado e autoestima,  para profesorado e familias.


                        

xoves, 4 de febreiro de 2021

Xoves de emoción!

 Voltamos hoxe xoves a traballar unha das emocións máis difíciles, a dor que sentimos ante a perda dun ser querido. Comparto este magnífico conto "Duele" publicado por UNICEF que espero axude a pequenos e non tan pequenos a percorrer o camiño do duelo.



xoves, 28 de xaneiro de 2021

Contaxio!

 


Contaxio’ narra a viaxe polo dicionario desta palabra tan repetida actualmente e da súa relación coas demais.É unha viaxe polo dicionario, para descubrir como se sente esta palabra e coñecer a súa relación con outras palabras como “medo”, “inxustiza” ou “pobreza”, pero tamén as oportunidades que lle brindan outras como “ vacina”, “medicina” ou “investigación”. 

Promovido por UNICEF e a actriz e presentadora Lucía Regueiro, Amiga de UNICEF Comité Galicia, ‘Contaxio’ é un conto colaborativo escrito por María Solar, Ledicia Costas e Fran Alonso, e coa ilustración de portada do pintor Leandro Lamas.Un amplo elenco de actrices e actores de Galicia participan nesta iniciativa poñendo a súa voz: Xúlio Abonjo, Miguel Canalejo, Monti Castiñeiras, Isabel Naveira, Federico Pérez, Lucía Regueiro, Beatriz Serén e María Vázquez; ademais da realizadora Lucía Rodríguez.


xoves, 21 de xaneiro de 2021

Abrazos que emocionan!

 Este xoves, 21 de xaneiro é o Día Mundial das Apertas, conmemorando así o afecto entre as persoas.As apertas non son só un símbolo de cariño,  son tamén moi saudables tanto para o corpo como para a mente.

Sabedes que hai moitos tipos de apertas e xeitos de dalos? No noso cole sabémolo moi ben, por iso, este ano enviamos no día de hoxe abrazos polas ondas do noso Tarabelo. Podedes escoitalos no blog do Tarabelo. 

Desde o  Departamento de Orientación aproveitamos para enviar unha forte aperta virtual a todas as persoas que están a esforzarse por frear esta pandemia e limitan os contatos sociais para evitar a propagación do virus. 

Moito ánimo e unha foooorte e loooooonnnnggggaaaaa aperta!


mércores, 9 de decembro de 2020

Se ti mesmo!

 Tod@s somos diferentes, únic@s e especiais. Que ninguén che diga como ser, estar ou pensar.



luns, 26 de outubro de 2020

Medo ao medo!

 


O medo, ese sentimento tan habitual e necesario para a nosa supervivencia, fai que en moitas ocasións o noso benestar emocional non sexa o desexado. 

É tempo de enfrentarnos aos nosos medos e saber xestionalos. Nas aulas de EI seguimos a traballar as nosas emocións, esta vez toca... MEDO!

        

Con este fermoso conto aprendimos a transformar os medos que están na nosa imaxinación.



E con esta curta aprenderemos a enfrentarnos aos nosos medos e  superarnos. 



En colaboración coa Biblioteca compartimos unha serie de recursos que esperamos axuden a entender O MEDO e facilitar estratexias para DARLLE MEDO AO MEDO!

Pinchade aquí para acceder aos recursos

xoves, 22 de outubro de 2020

Educación emocional para tod@s.

 A entrada de hoxe vai dirixida aos maiores da Comunidade Educativa. Comparto con vós esta magnífica guía elaborada pola Universidade de La Rioja, que pretende axudar na procura do benestar emocional nestes tempos difíciles que estamos a vivir. Pinchade na imaxe para acceder. 




TEI: titores diplomados!

 Hoxe realizamos, dentro do Programa TEI,  a derradeira sesión de cohesión entre titores e titorizados  no Curruncho, con xogos cooperativos...