No CRA de Bergondo, dentro do proxecto de centro, o equipo de Convivencia elaborou este fermoso conto para a conmemoración do 8 M e poñer en valor o papel que xogaron as nosas maiores na defensa da igualdade entre homes e mulleres. Moitas grazas por compartir!
sábado, 8 de marzo de 2025
venres, 16 de xuño de 2023
TEI: un final sen fin.
Hoxe os titores/as do Programa Titoría Entre Iguais (TEI) disfrutaron cos seus titorizados/as dunha sesión de xogos e merenda na praia. Aproveitamos a ocasión para despedir o curso e agradecer a gran labor, esforzo, compromiso e actitude positiva de todos e todas os titores de este curso.
A amizade e axuda permanecerá para sempre!
mércores, 8 de marzo de 2023
8M: Día da Muller
Fai unhas semanas, o alumnado de 5º EP, dentro das actividades de titoría que se levan a cabo desde o Programa TEI, estiveron a traballar coa actividade "Depende de los 2".
Hoxe, con motivo da conmemoración do 8M, representaron para todo o centro un baile coa canción traballada. Pinchade na imaxe para ver o vídeo.
martes, 8 de marzo de 2022
8 de marzo: Día da Muller.
Hoxe conmemórase o Día da Muller, para lembrar e defender a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e o seu desenvolvemento íntegro como persoa, en igualdade co home.
TEI: titores diplomados!
Hoxe realizamos, dentro do Programa TEI, a derradeira sesión de cohesión entre titores e titorizados no Curruncho, con xogos cooperativos...
-
Que está a facer a rapazada? Como pensas que se sinten? Se pinchades na imaxe poderedes atopar algo máis que divertido....que será?
-
E esta semana seguimos a practicar e aprendemos os meses do ano. Pinchade na imaxe para acceder ao vídeo.

