PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

venres, 15 de marzo de 2024

PUNTO LARANXA: ROMPAMOS CO ACOSO ESCOLAR


Esta semana Lucía e o Señor Potato pasaron polas clases para lembrar a importancia de falar e comunicar todas as situacións que podemos estar a vivir ou ver que van en contra da convivencia e das posibles situacións de acoso escolar, para poder detectalas e frealas o antes posible. 
Puxemos unha perruca laranxa para simbolizar o noso rexeitamento e compromiso de apoio a través da denuncia de posibles  situacións de acoso escolar.
Os máis pequenos xogamos e reflexionamos sobre diferentes conflictos e a súa solución,  a través de historias sociais. E descubrimos un novo lugar seguro do noso cole, tamén laranxa,  onde poder denunciar, de xeito anónimo, situacións de acoso escolar que estamos a sufrir ou que coñecemos. 

O Punto Laranxa é unha medida impulsada desde a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso nos centros educativos. Temos un Punto Laranxa "físico" e outro "virtual".

Pinchade aquí para acceder ao PUNTO LARANXA VIRTUAL.







xoves, 7 de marzo de 2024

Cohesión TEI

 Titores e titorizados, alumnado de 3º e 5º de EP,  estiveron practicando a importancia da cooperación e control do corpo para acadar un obxectivo común: representar o alfabeto a través do movemento (figuras de Acrosport). A través da actividade de cohesión proposta para este trimestre dentro do desenvolvemento do programa TEI,   con creatividade e compañerismo disfrutaron e melloraron as súas competencias persoais e sociais.




martes, 5 de marzo de 2024

TODOS E TODAS CONTAMOS

 Hoxe, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º EP participaron no programa de AFUNDACION "Todos e todas contamos", para poñer en valor a diversidade, o esforzo, empatía, aceptación do diferente e autoestima.





Día dos Dereitos dos nenos e nenas

 Cada 20 de novembro conmemórase a Convención dos Dereitos da Infancia de Nacións Unidas.  Pinchade na imaxe para acceder ao documento.    ...