PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

venres, 27 de maio de 2022

Camiño da ESO

 O curso xa está a piques de rematar e todas e todas estamos felices polo traballo realizado pero tamén cansos,  e nerviosos polo futuro que nos espera, principalmente o alumnado de 6º EP que o vindeiro curso comezará unha nova etapa. 

Para facilitar este tránsito á ESO, visitamos o IES Isaac Díaz Pardo, onde a maioría cursarán 1º da ESO.

Dan man de alumnado colaborador, a Orientadora  e a Directora do Centro coñecimos as instalacións do centro, algunhas das actividades que se realizan, as asignaturas e organización cara o curso que ven... (aínda que todavía quedan cousas por decidir). 

Disfrutamos dunha rica merenda nos xardíns e, sobre todo, quitamos os nosos medos e dúbidas. Cada vez temos máis ilusión por comezar esta nova etapa!



Moitas grazas ao IES ISAAC DÍAZ PARDO




mércores, 25 de maio de 2022

AMA_CON, O NOSO FEIRÓN

 Xa está casi todo preparado para o noso feirón! O vindeiro mércores día 1 toda a Comunidade Educativa poderá disfrutar dos produtos e traballos realizados ao longo deste curso desde unha mirada de consumo responsable. 

Aquí tedes o catálogo dos produtos que poderedes mercar no Feirón Ama_Con 

Todo o recaudado entregarase a unha ONG do noso Concello.


venres, 20 de maio de 2022

BECAS NEAE CURSO 22-23


 

Desde o 19 de maio e ata o 30 de setembro estará aberto o prazo para solicitar a beca para alumnado con neae.

Poderán solicitar as axudas o alumnado que presente necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais.

Así mesmo, poderán solicitar as axudas alumnado con Trastorno do Espectro Autista e os alumnado  con necesidade específica de apoio educativo asociado a Altas Capacidades.

Ditas becas  ofrecen distintos importes como axuda para ensinanza, transporte, comedor, residencia, libros, material didáctico e reeducación pedagóxica ou da linguaxe ou para programas dirixidos a alumnado con altas capacidades intelectuais.

No BOE nº 118 do 18 de maio  de 2022 convócanse as seguintes axudas (pinchar aquí para acceder a texto completo): :

 

-          Axudas directas para os alumnos incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) que requiran apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade,   trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais. Tamén poderá ser beneficiario o alumnado con TEA.

-          Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade,   trastorno grave de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe para familias numerosas. Tamén poderán ser beneficiarios de subsidios os alumnos afectados por TEA (Trastorno del espectro autista), pertencentes a familias numerosas, no incluídos no parágrafo anterior.

-          Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

As solicitudes deben ser cubertas por Internet e entregadas posteriormente no centro educativo. Toda a información nas seguintes ligazóns: 

- Acceso a procedemento de  solicitude e normativa reguladora

- Acceso a aclaración tipo de axudas.



venres, 6 de maio de 2022

TEI NO CAMIÑO

 Esta fin de semana contamos na nosa vila coa celebración do Congreso Nacional TEI. Disfrutaremos dunhas xornadas de intercambio de experiencias e aprendizaxes para mellorar a convivencia escolar e previr o acoso escolar. O alumnado do noso centro educativo vai a estar representado polo alumnado de 6º EP, Nerea e Jorge, que poñerán voz á nosa  experiencia co Programa TEI desde que comezou aló polo ano 2018.

Compartimos presentación e vídeo que resume o noso camiño. 



 Continuaremos  o noso camiño para aprender a convivir da man do TEI. 

luns, 2 de maio de 2022

Día Contra o Acoso Escolar

 Hoxe, 2 de maio, conmemórase o Día Contra o Acoso Escolar. Ao longo deste curso seguimos a traballar para desenvolver no noso alumnado valores que favorecen e convivencia e creen os alicerces para erradicar o Acoso Escolar. 

A reflexión crítica constructiva  de xeito individual e colectivo de lecturas, vídeos e desenvolvemento das actividades propostas no  Programa TEI facilitan o camiño para aprender a SER, a ESTAR e a CONVIVIR.

E para continuar a formarnos sobre o Acoso Escolar, o profesorado temos a sorte de contar esta fin de semana na nosa vila co Congreso TEI no Camiño. Pinchade aquí para inscripción e máis información. Unha pequena representación do noso alumnado de 6º EP expoñerá a súa experiencia co programa. Animádevos a asistir.

Aquí podedes atopar recursos e un resumo das actividades realizadas ata o momento no centro contra o Acoso Escolar.

domingo, 1 de maio de 2022

Feliz día!!

 Para todas as mamás, pola súa forza, polo seu apoio, porque sempre están con nós, porque o amor entre nais e fill@s é o verdadeiro amor.

Feliz día da nai,  traballadora 24 horas, todos os días do ano.


Día dos Dereitos dos nenos e nenas

 Cada 20 de novembro conmemórase a Convención dos Dereitos da Infancia de Nacións Unidas.  Pinchade na imaxe para acceder ao documento.    ...