Para os máis maiores do cole, ou para todo aquel que de xeito voluntario lle interese, comparto unha enquisa que espero vos axude a expresar como estades e así poder saber en que vos podemos axudar.
Ola,
Como estades? Superamos xa os 15 primeiros días! Sodes uns auténticos campións e campionas!
Quen vos ía dicir o pasado 12 de marzo, cando se anunciou que iamos a ter que quedar na casa tanto tempo que o iades facer así de ben! Tod@s @s mestres estamos orgullos@s de vós, nenos, nenas e familias.
Ao longo destes días as vosas emoción se sentimentos seguro que foron cambiando e teredes momentos bos e momentos reguleros. É normal. O que tedes que facer e falar de como vos sentides, expresar como estades a levar esta situación e comentar aquilo que vos preocupa. Lembrade un dos meus contos preferidos e que vos contei ao comezo de curso: A PREOCUPACIÓN DE LUCÍA.
Cando falamos das nosas preocupacións, estas fanse máis pequenas.
Para os máis pequerrechos da casa comparto este vídeo de "SESAME STREET para familias militares" para aprender a importancia de expresar o que sentimos, que, aínda que foi creado para familias dun contexto determinado, é moi útil nestes tempos que estamos a vivir.
Outro conto marabilloso que seguro que todos e todas coñecedes é "MONSTRUO DE COLORES". Aquí deixo esta adaptación chulísima na que o Monstro de Cores expresa os seus sentimentos por mor de ter que estar na casa.
A semana pasada propuxen facer unha árbore con palabras relacionadas con AMAR onde poder refuxaros si así o precisades. Pinchade aquí para ver a proposta.
Esta fin de semana propoño outra actividade relacionada con esa árbore, para realizar en familia, co obxectivo
de conectarnos cos amigos e amigas que
seguro botamos en falta.
En primeiro lugar, disfrutade desta fermosa curta. Sobre que está a falar?
Que sentimentos e emocións podemos observar? Intercambiade as vosas impresións.
Logo vos propoño un novo reto!
E… velaquí o novo reto!
Para completar a vosa árbore, que mellor xeito que facer unha
casiña para os vosos amigos/as?. Propóñovos crear, con material reciclado
(botellas de plástico, cartóns de leite, cartón, caixa de cereais ou galletas…),
unha casiña por cada mellor amigo ou amiga que teñades ou botedes en falta.
Podedes colocalo na vosa árbore ou nunha fiestra para que o voso amor voe coma un paxaro e lles cheque a vosa
mensaxe. Cando todo isto remate poderedes entregarlle a casiña que construistedes
para telos no voso corazón.
Estas son imaxes con algúns exemplos. Comparto tamén un
enlace no que se explica como se poderían realizar. Deixade voar a vosa
imaxinación!
Non esquezades ler, xogar, facer algo de deporte e disfrutar da música. Comparto
con vós unha das miñas cancións preferidas. Boa fin de semana amig@s!
Se precisades máis ideas para disfrutar destes fines de semana, comparto a guía elaborada pola Concejalía de Familia e Igualdad del Ayuntamiento de Tres Cantos que me parece moi interesante.
Bos días! Espero que comecedes
este día con ánimo e enerxía. Lembrade que estes días non nos podemos esquecer
de facer exercicio. Así que seguide a realizar as tarefas que os Mestres de
Educación Física están a propoñer, tanto no cole de Sada como no CRA de Bergondo. Debemos comer san,
seguir as vosas rutinas, durmir ben e non estar con pantallas pola noite para
que o noso cerebro poida descansar. Realizar deporte e escoitar música.
Unha actividade que fago todos os días cos meus
fillos é YOGA. Esta actividade axúdanos a respirar e relaxarnos para facer
frente ao estrés que nos xenera esta situación de ter que estar na casa e a
estar máis concentrados nas tarefas escolares, por isopractico nas primeiras horas da mañá. Comparto esta imaxe e vouna mandar ao cole para poder montar ese vídeo que nos propón Andrés. Anímate a facer a túa!
Se practicamos YOGA desenvolvemos os nosos músculos, melloramos a flexibilidade das articulacións, melloramos os hábitos
posturais, melloramos a respiración, circulación…pero sobre todas as cousas
calmamos a nosa ansiedade, melloramos a nosa concentración e conectamos o noso
corpo, mente e alma.
Nas redes hai un montón de vídeos e recursos. Eu
comparto o que máis emprego.
Para traballar a nosa intelixencia emocional, tan importante para o noso crecemento persoal, os contos son un magnífico recurso. Comparto con tod@s "CUENTOS PARA QUEDARSE EN CASA" de Eloy Moreno, onde atoparedes, os nenos e nenas a partir dos 7 anos, un montón de fermosos contos para ler en familia e reflexionar sobre os valores que pretenden transmitir. Podedes ler un cada día!
E para os máis pequenos, e non tan pequenos, a escritora e ilustradora Olga de Dios comparte en descarga libre algunha das súas magníficas obras, nas que sempre están presentes valores como a amizade, a solidariedade, a diversidade coma un valor. Encántanme!!!! Recomendo a lectura de toda a súa obra.
A través deste magnífico conto de Ana Meilán e Marta Mayo, "Lágrimas bajo la cama" aprenderemos o importante que son as bágoas.
Simón recolle as bágoas e as mete en botes ata que comprende que non é unha boa idea. Propoño ver en familia este fermoso conto para valorar a importancia de expresar libremente as emocións, en concreto a través das bágoas.
Pero sabedes o que podedes facer cos botes que teñades na casa? En troques de enchelos de bágoas podedes meter mensaxes, debuxos, ideas, palabras, sentimentos para todas as persoas que votades en falta e coas que non podedes estar en contacto por ter que quedar na casa para acabar co Coronavirus.
Cando todo este termine e as volvades a ver podedes agasallalos co bote e compartir as mensaxes que hai dentro. Que vos parece? Preparade un bote por cada persoa que votades en falta e....a enchelo de mensaxes.
Ou se preferides podedes escribir unha carta ou un correo como nos propoñe o Equipo de Normalización da Lingua Galega no seu blogue O Tarabelo. E se queredes que compartamos algunha mensaxe o faremos encantadas!. Enviade as vósas cartas a
Para estar ben e levar o mellor posible esta situación extraordinaria é fundamental facer exercicio cada día, realizar calquera actividade física. Nas tarefas que se facilitan desde as titorías tedes un montón de propostas.
Que vos parece se compartimos o que cada un de nós estamos a facer na casa a través dunha foto ou vídeo? Así sentirémonos preto uns dos outros, a pesar de estar separados. Esta é a proposta do cole...Eu apúntome, e ti?
De forma
voluntaria, cada familia mandará unha foto ou un vídeo que non supere os 10 segundos onde os alumnos/as estean xogando, facendo exercicio ou calquera actividade física (poden saír só os nenos/as ou coa familia).
Despois os xuntaremos e faremos un vídeo que levará o título de #EnSadaysusContornosQuedamosNaCasa.