PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

venres, 29 de maio de 2020

Fin de semana de cociña.

Sergio ten unha coleción de botes, onde garda ingredientes secretos e especiais que vai recollendo polo camiño: un cacho de nube, unha pizca de saraiba, un raio de sol, a risa dun esquío, o pó dunha estrela. Con eles cociña as recetas máis increíbles que poidas imaxinar.

Unha vez cociñou unha tarta tan grande e esponxosa que se podía durmir nela; aquel que a probaba en soños comezaba a flotar coma un globo. Noutra ocasión, preparou unha sopa coas cores do arcodavella: todos os que tomaron unha cullarada brilaban e cambiaban de cor coma un camaleón. Ainda que o mellor foi cando, nunha expedición polo bosque, preparou unha brevaxe de malas herbas que logrou afastar a un lobo que andaba a perseguilo a el e os seus amigos.

O superpoder de Sergio é a COCIÑA. 


Para esta fin de semana propoño que estimuledes o SUPERPODER da COCIÑA. 
Animádevos a recoller fantásticos ingredientes como Sergio e crear exquisitos platos. 
Se precisades algunha axuda podedes pinchar aquí neste enlace ou aquí  Pepa e Rufo na cociña  pero... CREATIVIDADE ao poder!




xoves, 28 de maio de 2020

SUPERPODERES

Tod@s temos un  SUPERPODER, algo no que destacamos especialmente. Penso que o meu é o poder da escoita e estar cando se me necesita. Ás veces é difícil descubrir o noso poder e precisamos dos demáis para descubrilo; pola contra, outras veces, temos moi claro cal é a nosa habilidade excepcional.
No conto "El Gran Libro de los SUPERPODERES" de Susanna Isern descubrimos os de un montón de nenos e nenas: contar historias, optimismo, valentía, música, humor, atención, curiosidade, paciencia, lectura, axilidade, memoria, organización, cociña, adaptación, perseverancia, matemáticas, baile, creatividade.
Escoitade o conto e animádevos a pensar cal é o voso SUPERPODER. e compartídeo neste blog.



Se tivera que escoller os SUPERPODERES que máis nos axudarían a superar o confinamento serían os seguintes: optimismo, humor, paciencia e adaptación.






Que opinades?
 Deixade os vosos comentarios

mércores, 27 de maio de 2020

Mamá, teño medo!




Cando sintes medo, unha emoción intensa percorre o teu corpo e alértate dun perigo. Pode ser grande ou pequeno, real ou imaxinario, consciente ou inconsciente, pero afectarate e farate reaccionar dalgún xeito para te protexer. E tenderás a facer dúas cousas: atacar ou fuxir.
Atacar é cando te enfrentas ao medo ou á situación, cando tomas unha actitude activa.
Fuxir é o contrario, cando intentas evitar a situación a toda costa; tomas unha actitude pasiva se esquivas, negas, pos excusas, esqueces, rexeitas...
"Laberinto del Alma" de Anna Llenas.

Con frecuencia, os medos que os nosos fillos e fillas sufren, provócannos angustia e, ás veces, non sabemos como axudarlles. Se pinchades na seguinte imaxe poderedes atopar unha serie de recomendacións. 



É moi importante que aprendamos a superar os nosos medos e guiar neste proceso aos nosos fill@s.. Valentía, prudencia e imaxinación son os tres ingredentes básicos para enfrentarnos aos nosos temores e, como para todo, os libros son o noso gran aliado. Para entender os diferentes medos e saber enfrentarnos a eles comparto unha selección de contos para ler en familia.



Nestes tempos de confinamento os medos dos nenos poden verse aumentados e intensificados. Debemos transmitirlles calma e seguridade e axudarlles a expresar os seus sentimentos e sufrimentos.
Se pinchades  aquí accederedes a un sinxelo conto con pictogramas para vencer os medos relacionados co Coronavirus.

E aquí podedes acceder a o documento sobre o medo elaborado polo Equipo de Orientación Educativa y Psicopedagógica de Atención Temprana  San Fernando - Coslada.





martes, 26 de maio de 2020

TEI en tempos de confinamento

O prometido é deuda e  hoxe mostro, co seu permiso,  as cartas que foron compartidas entre o alumnado de 3º e 5º EP que participan no Programa TEI. Da gusto saber que temos amig@s que se preocupan por nós e que sempre estarán ahí para axudar, verdade?. Animádevos a escribir moitas máis; as palabras fermosas e de ánimo sempre veñen ben.
Pinchade na imaxe para acceder ás cartas


luns, 25 de maio de 2020

Imos pola XI semana: #escolaencasa

Unha semana máis e... avanzamos na fase de desescalada. Pero non debemos esquecer o que nos custou chegar ata aquí e o que esta experiencia vital nos está a ensinar, o valor do realmente importante da vida. Con este experimento podédelo visualizar.



Teño unha noticia boa e outra non tan boa para comunicarvos.
 Primeiro a boa! A profe Silvia xa está recuperada e volve a estar con tod@s nós! Benvida!.
A mala noticia é que a profe Sandra marcha ao voltar ao seu posto Silvia. Desde aquí agradecerlle a súa labor nestes tempos de confinamento e moita sorte no camiño. Unha aperta moi grande.

Boa semana a tod@s e ánimo coas tarefas escolares.
Lembrade que si tedes algunha dúbida coas proposta por Oliva, Silvia e Cristina podedes contactar con elas por correo electrónico.

Para as familias, lembrarvos que está aberto xa o prazo para a solicitude de axuda de libros e material para o vindeiro curso. Tedes  toda información na web do centro 


venres, 22 de maio de 2020

Dalle ao coco!

Esta fin de semana... un pouco de razoamento lóxico . Comparto uns divertidos xogos de lóxica. Pinchade na imaxe para acceder
Seredes capaces de resolvelos?



Disfrutade dos paseos e actividades ao aire libre; pero lembrade que é obrigatorio o uso de mascarillas.Entre tod@s debemos axudar a vencer ao virus.

No blog "Avanzando con emociones" podedes atopar pautas prácticas do uso das mascarillas para persoas con diversidade funcional.

Boa fin de semana

xoves, 21 de maio de 2020

Empatía

Un dos meus contos preferidos  é " CONTOS DE RATIÑOS" de Arnold Lobel. Neste libro o papá rato conta aos seus ratiños historias que emocionan e que nos axudan a adquirir competencias emocionáis básicas (consciencia emocional, regulación emocional, autonomía emocional, habilidades para a vida...).

O Pozo dos Desexos é o primeiro dos contos que podedes atopar. Pinchade na imaxe para disfrutar da súa lectura.

O interés, sorpresa, desilusión, tristura, desacougo, ledicia, empatía... son algunhas das emocións que atoparedes na súa lectura.


Moitas veces, as persoas que temos preto pregúntannos que nos pasa porque ven nas nosas caras, voces ou corpo sinais que non son habituais en nós. Facer isto, darse conta de que algo pode estar a pasar, é ter empatía. Agora que estamos na casa, propoñémosvos un reto: 
CADA DÍA DA SEMANA INTENTA AVERIGUAR COMO SE SINTEN OS MEMBROS DA TÚA FAMILIA...SIN PREGUNTARLLO. SEREDES CAPACES?




E para estes  tempos de confinamento podemos traballar cos nenos e nenas a empatía  a través deste libro creado por Patricia Fernández  para fomentar o diálogo entre adultos e nen@s e mellorar as relacións interpersoais.





MI ESCUELA ES VISUAL

 Adivina adivinanza? De que escola poden estar a falar neste fermoso conto creado dentro do programa Escuelas Visuales? Pinchade na imaxe pa...