Xa está aquí o Samaín, tempo de medo emocionante!
Comparto esta divertida canción de Uxía Lambona e a Banda Molona adaptada a pictogramas para disfrutar tod@s desta terrorífoca festa.
Xa está aquí o Samaín, tempo de medo emocionante!
Comparto esta divertida canción de Uxía Lambona e a Banda Molona adaptada a pictogramas para disfrutar tod@s desta terrorífoca festa.
Esta semana comeza o desenvolvemento do programa TEI en todo o centro. Este curso traballarase xa desde 1º EP, 3º e 5º serán titorizados e titores e 4º e 6º EP continuarán coa súa formación para aprender a convivir e eliminar o Acoso Escolar.
Este ano temos como obxectivo aprender a ser RESPONSABLES...
- coas APRENDIZAXES
-co COMERCIO e CONSUMO
-co coidado do PLANETA e...
-coa CONVIVENCIA
Que vos parece se empezamos por aprender que é iso da amizade?. Pinchade na imaxe.
Pinchade na imaxe para acceder á presentación realizada pola Orientadora para explicar as súas funcións e os seus primeiros consellos para este curso.
Esta semana a Orientadora do cole está a pasar polas aulas para axudarnos a entender en que consiste o seu traballo e facer alguha recomendación para poder disfrutar deste curso: debemos coidar a nosa "patata" interior e ser responsables coas aprendizaxes, a convivencia, o coidado do planeta e o consumo responsable.
Ditas becas ofrecen distintos importes como axuda para ensinanza, transporte, comedor, residencia, libros, material didáctico e reeducación pedagóxica ou da linguaxe, de alumnos/as con necesidades derivadas de discapacidade ou trastornos de conduta, ou para programas dirixidos a alumnado con altas capacidades intelectuais.
No BOE nº 183 do 2 de agosto de 2021 convócanse as seguintes axudas (pinchar aquí para acceder a texto completo):
-
Axudas directas para os alumnos incluíndo ao alumnado con TDAH
(Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) que requiran apoios e
atencións educativas específicas derivadas de discapacidade,
trastornos
graves de conduta ou de trastornos
graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas
especiais. Tamén poderá ser beneficiario o alumnado con TEA.
- Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de
discapacidade, trastorno grave de conduta
ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe para familias
numerosas. Tamén poderán ser beneficiarios de subsidios os alumnos afectados por TEA (Trastorno del espectro
autista), pertencentes a familias
numerosas, no incluídos no parágrafo anterior.
- Axudas para programas
específicos complementarios á educación regrada para alumnado
con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
O prazo de presentación de
solicitudes estará aberto ata o 30 de setembro de 2021, que deberá cumprimentarse mediante formulario accesible no seguinte enlace.
Ola a todos e todas!!
Xa pasaron as vacacións e voltamos á escola con moita ilusión e gañas de veros e compartir convosco experiencias, soños e aprendizaxes. Seguro que este curso vai ser moi divertido e, aínda que as medidas contra a Covid-19 teñen que seguir, seguro disfrutamos moitísimo.
Unha aperta moi grande e, axiña, tod@s xunt@s a polos nosos soños!!
Foi un ano complicado, cheo de medos e incertezas pero no que, unha vez máis, os nosos pequenos e pequenas demostraron ser os máis GRANDES!. Noraboa polo voso esforzo, actitude e responsabilidade. Agora toca descansar e disfrutar das merecidas vacacións.
Apertas e bicos para tod@s!
Adivina adivinanza? De que escola poden estar a falar neste fermoso conto creado dentro do programa Escuelas Visuales? Pinchade na imaxe pa...