PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

xoves, 22 de febreiro de 2024

martes, 6 de febreiro de 2024

Recre_arte 2024

Arredor da conmemoración do Día da Paz do noso centro, retómase RECRE_ARTE, programa encamiñado a favorecer a inclusión de todo o alumnado no tempo de lecer. Grazas ao noso alumnado voluntario de 5º EP pola súa colaboración e, especialmente, a Daniela e Victoria que o fan xenial!. 




venres, 22 de decembro de 2023

BO NADAL!

 

Departamento

 de Orientación deséxavos

 unhas felices vacacións e bo comezo de ano

 que o 2024 esté cheo de saúde, aprendizaxes e momentos compartidos.

BO NADAL







luns, 18 de decembro de 2023

Xoguetes en nadal

 É tempo de ilusión e agasallos e desde o DO queremos compartir unha serie de recomendacións para que Papá Noel e os Reis Magos teñan en contan. Pinchade na imaxe para acceder.



martes, 5 de decembro de 2023

Carreira ENKI

 Un ano máis celebramos a Carreira ENKI para sensibilizar á Comunidade Educativa do esforzo que cada día teñen que superar as persoas con algún tipo de discapacidade e a importancia de romper as barreiras de accesibilidade coas que se atopan no día a día. Foi unha gran xornada de diversión, cooperación e aprendizaxe colectivo. 



Pinchade na imaxe para ver as fotos. 


venres, 1 de decembro de 2023

Novos amigos na escola: Beba, Niki e Pepón.

 Hoxe, o alumnado de Educación Infantil,  tivo a sorte de contar coa visita de Chus e Sonia (COGAMI). Contáronnos un fermoso conto para achegar a discapacidade aos máis pequenos e pequenas da escola, da man de Beba, Niki e Pepón. 



Moitas grazas! Aprendimos moito! 

Esta actividade foi ofertada ao centro dentro das proposta do Servizo de Atención Temperá do Concello. 

MI ESCUELA ES VISUAL

 Adivina adivinanza? De que escola poden estar a falar neste fermoso conto creado dentro do programa Escuelas Visuales? Pinchade na imaxe pa...