PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

luns, 17 de novembro de 2025

Os Dereitos da Infancia: ONG Tierra de Hombres

 Este venres 14 de novembro, contamos coa visita ao noso centro de Marie e María, integrantes da ONG Tierra de Hombres, organización humanitaria internacional que traballa para mellorar as condicións de vida dos nenos máis vulnerables, especialmente nos ámbitos da saúde, as cuestións sociais e os dereitos da infancia.

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria estiveron a reflexionar sobre os Dereitos da Infancia e de aqueles máis vulnerables (por exemplo os nenos e nenas de Gaza). 

Moitas grazas Marie e María!

Pinchade na imaxe para acceder ás fotografías. 





domingo, 9 de novembro de 2025

Máis diversión no tempo de lecer!

 Estamos de sorte!!! Esta semana contaremos cunha sorpresa no tempo de lecer, na zona de Bibliopatio.

Pinchade na imaxe para saber de que se trata.



xoves, 30 de outubro de 2025

Tarabelo en LSE!

 Menuda sorte temos! Grazas a Cris, a nosa intérprete en Linguaxe de Señas, podemos escoitar o especial Tarabelo nas Ondas de hoxe, no que o alumnado de 2º EP explica a conmemoración do Samain e Magosto, tamén a través da LSE. Pinchade na imaxe para acceder.





venres, 17 de outubro de 2025

Parellas TEI!

 O alumnado de 3º EP xa sabe quen vai ser o seu titor o titora!. Durante dúas xornadas estiveron a coñecerse e facer actividades conxuntas. Agora xa teñen alguén en quen confiar para solucionar os conflictos, previr posibles problemas de convivencia e,  sobre todo, de acoso escolar. 

Pinchade na imaxe para coñecer as parellas TEI de este curso.






luns, 13 de outubro de 2025

A_MAR de divertido!

 Xa comezou DIVER`+ e estas son algunhas das imaxes que recollen o que están a disfrutar os nenos e nenas de Sada y sus Contornos!. 



TEI: titores diplomados!

 Hoxe realizamos, dentro do Programa TEI,  a derradeira sesión de cohesión entre titores e titorizados  no Curruncho, con xogos cooperativos...