PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

xoves, 2 de abril de 2020

2 de Abril! Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo



Hoxe conmemórase o Día Mundial de Concienciación doAutismo, que pretende por en valorar as capacidades das persoas con Trastorno de Espectro Autista e procurar unha mellora de calidade da súa vida, para que esta sexa plena e gratificante como parte integrante da sociedade.

Este ano a campaña céntrase en poñer en valor  a súa capacidade para a aprendizaxe e para o desempeño laboral. Desde Autismo España explican a campaña . Pinchade aquí para acceder

Desde aquí,  propoño vestirnos de azul e decorar as nosas fiestras con globos ou corazóns  azuis (pódense pintar,  recortar algún material azul en forma de globo, corazón... ) e sumarnos á súa difusión. Así faremos visible que sabemos moi ben da valía das persoas TEA, do seu esforzo diario, da súa capacidade de aprendizaxe, de canto nos ensinan a nós cada día e sobre todo, do seu gran corazón que comparten constantemente con pequenos xestos, miradas, palabras, actitudes...





                                               

Ningún comentario:

Publicar un comentario

DIA DA PAZ E NON VIOLENCIA

 Estas semanas estivemos a reflexionar sobre a paz a convivencia e o plasmamos nun fermoso mural marino.  Nesta presentación compartimos unh...