O trimestre está a piques de rematar e compre facer unha valoración da nosa aprendizaxe, do que estivo ben e o que debemos mellorar, os alumnos/as e o profesorado. As cualificacións non nos deben poñer nervisos/as e debemos entedelas como un aspecto máis dentro do proceso de aprendizaxe; deben servir para reflexionar sobre o noso traballo.
O Departamento de Orientación do IES Ilíbiris elaborou o documento que comparto a continuación que penso pode ser moi útil para empregar nas titorias e guiar ao alumnado na reflexión co obxectivo de poder mellorar. Está orientado para os máis maiores pero pode servir de exemplo para que aspectos tratar tamén cos máis pequenos.
Se precisades axuda lembrade que podedes acudir ao Departamento de Orientación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario