Desde o Departamento de Orientación levamos a cabo, un ano máis, unha intervención directa cos diferentes grupos- aula de Educación Infantil. Esta cumpre unha dobre finalidade: por unha parte, observar, coñecer e facer un seguimento a través das diferentes actividades plantexadas ao alumnado do seu desenvolvemento persoal, académico e social, así como detectar posibles dificultades de xeito temperá para poder intervir o antes posible; por outra banda, contribuír ao desenvolvemento da intelixencia emocional e fomento do gusta pola lectura de xeito temperá.
As actividades parten da lectura dun conto. Estas son as lecturas levadas a cabo no que vai de curso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario