PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

domingo, 30 de xaneiro de 2022

Feliz Día da Paz!

 Hoxe conmemórase o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. O noso centro conmemorouno o pasado venres reflexionando sobre que é a paz, recitando, cantando, bailando e construíndo entre todos e todas unha árbore con materiais de reciclaxe que se situará no recuncho da paz e resolución pacífica de conflitos. Ao redor desta fermosa árbore sentarémonos a dialogar, a escoitar e poñernos na pel dos demáis para resolver conflitos  e  voltar á calma, si así o precisamos. 

Fermoso día, fermosa conmemoración, fermoso traballo en equipo, fermosa árbore...

fermosa escola cultivando a PAZ!






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Día dos Dereitos dos nenos e nenas

 Cada 20 de novembro conmemórase a Convención dos Dereitos da Infancia de Nacións Unidas.  Pinchade na imaxe para acceder ao documento.    ...