PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

luns, 5 de maio de 2025

BECAS NEAE CURSO 25-26

 



O prazo para presentar as solicitudes estará aberto dende o 30 de abril ata o 11 de setembro de 2025, ambos incluídos.

Este ano, como novidade, as solicitudes deberán presentarse exclusivamente por medios electrónicos a través da sede electrónica do Ministerio. 

Pinchade aquí para máis información.

PASOS:

 1. A familia cubre a solicitude por sede (ollo! de presentarse varias versións, só se terá en conta a última).

2. A conta corrente que figura na solicitude debe ter como cotitular ao beneficiario da bolsa (é dicir, o/a alumno/a que recibirá a axuda)

3. Prazos: dende o 30 de abril ata o 11 de setembro de 2025 (inclusive).

4. A Dirección Provincial do MECD recibe as solicitudes, verificando os requisitos esixidos, e no caso de atopar erros recabarán aos interesados a subsanación de erros nun prazo de 10 días 5. Unha vez comprobados todos os datos, remitirán as solicitudes ao centro, onde se cubrirán os anexos I (matrícula e características do centro), II (tipo de NEAE do/a alumno/a), III (axudas propostas).

6. Simultamente dende o Departamento de Orientación contactará coas familias para recabar a certificación e memoria do centro reeducador onde se van levar a cabo as terapias pertinentes.

7.0 centro enviará nun prazo de 15 días dende a recepción da mesma, a solicitude recibida cos anexos nomeados.


COMO SEGUIR O ESTADO DE TRAMITACIÓN? A través da sede.educacion.gob.es no apartado de "Mis expedientes"


Ningún comentario:

Publicar un comentario

LSE con Sviat: Vémonos despois do verán!

 Temos unha nova mensaxe de Sviat.... Pinchade na imaxe!